

No seguinte enlace podedes consultar os temas do CD e tamén escoitar a primeira das cancións da autora:
Sen dúbida Yolanda Castaño é unha das poetas máis eclécticas e innovadoras do panorama da poesía galega actual; ten experimentado a conxunción da palabra en verso co son e coa imaxe, co audiovisual, e boa mostra diso é a súa páxina web:
Aquí tedes algúns dos seus poemas:
VENECIA: O VICIO DA BELEZA
I
Clara, Retira ese pano: Os ollos da afogada permean as asas da derrota. Os belísimos ollos da afogada, a súa virxindade extraterrestre, a súa loucura.
Non é de aquí esta flor.
Lila rigor que tapou qué desespero.
Lila rigor que tapou qué desespero.
( Edénica, 2000)
Quén preservará todos os contornos da conciencia.
Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,
o meu impúdico nome que codifica e devora.
Quén pode prescribir tantos equívocos moldes
por encima desta fiestra construída polo corpo.
Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria
cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?
Quén ha de revelar o meu nome descoñecido,
o meu impúdico nome que codifica e devora.
Quén pode prescribir tantos equívocos moldes
por encima desta fiestra construída polo corpo.
Quén haberá que incorpore esta razón esta memoria
cara un ciclo impertérrito de tebras e de luz?
(Delicia, 1998)
A consumida dunha pirámide sonámbula
bracexa no naufraxio en tanto camiña un pulo
mendigo de desposuirse. Recóntase.
Cubrirase dunha temperatura taciturna,
diafragma dunha trama que só cega.
Que han de calcetar nos pasos
a cabana inmortal dunha memoria.
A reiniciada do desterro recóntase
Cánto tempo tarda en acabarse todo.
A miña beleza sinala co dedo,
espella os meus cristais,
ofende.
A miña beleza que intimida,
que enerva sen falar,
que acovarda.
A miña beleza que prognostica,
que me eclipsa,
que me traizoa.
A que me vende barata,
a que amortiza os meus fallos,
que se me adianta.
A que levanta suspicacias,
a que disuade de min,
que desvirtúa.
A miña beleza que me somete,
faime criada de si,
a que me ata.
A miña beleza desvergoñada,
que te enfronta contra ti,
que me negocia.
A miña beleza que me deturpa,
que embaza os meus cristais,
a que me nega.
A miña beleza que manipulo,
que non outorga perdón,
a que me agacha.
Profundidade de campo, (2007)
Algún dos seus proxectos audiovisuais: