Mostrando entradas con la etiqueta Recitais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recitais. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de noviembre de 2014

EnREDados coa poesía do outono salmantino (Crónica en tres actos)

Acto I: Nunha hora non gañamos Zamora

A fatiga da viaxe, a fame e a chuvia aliáronse para deslucir a nosa primeira parada. A clasicista fachada norte da catedral dounos acubillo e a praza diante dela e do castelo foi o lugar elixido para facer unha apresurada lectura con lembranzas de Viriato, dona Urraca, o Cid, Sancho II ou o traidor Bellido Dolfos.

Acto II: En Salamanca non vimos a ra

Contan que Unamuno lamentaba que moitos, por culpa do batracio, non visen outra cousa na súa querida Salamanca. Nós non vimos a ra mais si vimos moitas outras cousas: na praza dos Bandos, soar natalicio de Carmen Martín Gaite, a casa da lexendaria dona María a Brava; na librería Hydria unha  perfecta maridanza entre negocio e cultura; no Da2 a transformación dunha antiga prisión nun museo ou no barrio do Oeste como imaxinación, arte e solidariedade poden sacar do anonimato muros de obra, anódinas portas de garaxe, insulsas medianeiras ou vulgar mobiliario urbano.
Aproveitamos tamén para coñecer a dinámica e versátil biblioteca Torrente Ballester e para enfeitizarnos coa poesía de Raúl Vacas e a música de Fernando  Maés.
Enchéusenos a cabeza de paxaros nunha virtual ruta ornitolóxica guiados por poesías voantes, píos, limóns en gaiola ou aves metropolitanas.
Vivimos a maxia das etimoloxías populares, das lendas e a mitoloxía salmantinas levados da man de Fernando Saldaña: el foi quen de esvaecer o sono e o cansanzo acugulados despois de dúas noites toledanas no albergue salmantino; nas súas historias foi mágoa que o príncipe azul non se chamara Calisto, a princesa Melibea ou que o asno afogado non pertencese a algún dos amos de Lázaro de Tormes.









Enfeitizados deixamos Salamanca co compromiso de volver porque como dixo Cervantes Salamanca... enhechiza la voluntad de volver a ella a todos los que la apacibilidad de su vivienda han gustado. E tamén para ver a ra que garante o tan desexado aprobado nos exames!

 

Acto III: O turre tabarense alta et lapidea...


E de regreso paramos en Tábara para homenaxear, lendo, ao seu fillo o poeta León Felipe e para lembrar as glorias pasadas desta tranquila e hospitalaria vila que nos abriu, fóra de horario e de xeito altruista, o seu scriptorium (so a románica torre da igrexa de Santa María, herdeira da súa antecesora do mosteiro de San Salvador alta e pétrea)  onde están expostos facsímiles de varios beatos entre os que destaca o chamado de Tábara.


Ao luscofusco despedímonos de Tábara cara aos nosos distintos destinos; rematabamos tres intensas xornadas pletóricos de ilusións para próximas enleadas poéticas e algo máis que poéticas.

lunes, 10 de noviembre de 2014

EnREDados coa poesía do outono salmantino

Por segundo ano consecutivo alumnado e profesorado implicado no proxecto “EnREDando Versos” visitaremos terras de Salamanca e Zamora. 


Desta vez aos catro centros participantes na pasada edición (IES Poio, IES Ribeira do Louro-Porriño, IES San Paio-Tui e IES Sanxenxo) súmanse o IES de Vilalonga-Sanxenxo e a Escola Básica e Secundaria de Macedo dos Cavaleiros (Portugal). 


Máis dun cento de alumnos e unha ducia de profesores participaremos nas distintas actividades previstas (rutas e lecturas literarias, recital poético-musical, visita a bibliotecas e librerías, obradoiros de creación poética...). Unha das novidades deste ano é a parada en Tábara, terra natal do poeta León Felipe.


Ofrecemos algúns dos textos que serán os nosos compañeiros de viaxe

en Zamora:

en Salamanca:

en Tábara:

Boas lecturas, Boa Viaxe!

domingo, 18 de mayo de 2014

Poetas emerxentes


Aquí os temos. Levando a bandeira de cada centro, coa súa voz, o seu temple e a súa creatividade:

  • Paulo Daniel e Gala do IES San Paio. Recitaron "Descordo ós nosos poetas" de Bernardino Graña.
  • Lara, Nicolás e Paula do IES Ribeira do Louro recitaron "Barbie girl" e "Roedores do caucho" de Carlos Negro e "El silencio" de José Emilio Pacheco.
  • Brais do IES de Poio leu poemas de autoría propia: "Ítaca", "Enredando versos", "Branco" e "Navegante do Solpor".
  • Alexandra, Angie, Yalisha, Daniel, Javier, Fernando, Paula, Lucía, Silvia do IES de Sanxenxo escolleron "Los nadie" de Eduardo Galeano.
  • Adrián e Sara do IES de Vilalonga tamén nos sorprenderon con poemas da súa propia autoría, recitados, no caso de Sara de memoria. 

jueves, 14 de noviembre de 2013

“Del corazón a los asuntos”: Vacas y Maés. Salamanca (IV)

Otra forma de conocer la ciudad; otra manera de disfrutarla. Y todo de la mano de una librería, un poeta y un músico.

Hydria, Raúl Vacas e Fernando Maés mostráronnos unha cidade cálida e viva, que segue conservando o seu espírito universitario.  + Info:  Salamanca RTV

 

del-corazón-a-los-asuntos IMG_8475
IMG_8483 IMG_8484
IMG_8485 resized_PB080197
   

domingo, 3 de noviembre de 2013

Salamanca verso a verso.



O alumnado de 2º ESO dos centros que levamos traballando coa poesía dende o curso pasado participará nunha viaxe organizada á capital salmantina. Son rapaces e rapazas do IES Poio, do IES Ribeira do Louro, do IES San Paio e do IES Sanxenxo.  Alí terán un encontro co poeta charro RAÚL VACAS, quen impartirá un obradoiro de creación literaria e ofrecerá un recital acompañado coa música do cantautor Fernando Maés. 

Coñeceremos Salamanca verso a verso, leremos textos pola cidade, buscaremos a rá,  o astronauta, o touro de Lázaro, pasearemos pola ponte romana e salpicarémonos das augas do Tormes...

jueves, 24 de octubre de 2013

Poetas do mundo en Córdoba II



         Iniciamos esta recompilación de grandes nomes da poesía contemporánea máis alá das nosas fronteiras, con aqueles poetas recollidos na Antoloxía X edición: Poetas do mundo en Córdoba (2004-2013), que participaron nas distintas edicións do Festival Internacional Cosmopoética, sen lugar a dúbidas, unha das máis importantes citas culturais que teñen lugar dentro e fóra do noso país.

         Nesta longa nómina, de máis dun centenar de poetas, encóntranse varios Premios Nobel e Cervantes, procedentes de 52 nacionalidades distintas e que se expresan en 23 linguas diferentes. As súas voces oíronse naquelas cálidas terras da capital cordobesa: nas súas prazas e patios, na sala Orive e nas adegas da cidade compartindo finos, palabras e o aroma da flor de azar.

 Galería completa en Pinterest

domingo, 13 de octubre de 2013

Cosmopoética: Poetas do mundo en Córdoba I

Dende o sur recollemos as voces e as palabras de mulleres poetas como Ana Pérez Bustamante, vinculada a Galicia polos seus estudios sobre Cunquiero. O seu único libro Mercuriales foi publicado na colección  Esquío en  Ferrol no 2003 resultado de gañar o accésit do Premio Esquío de poesía no ano anterior. 
A poeta reflexa nos seus poemas a súa condición de muller que que vive o conflito de rebelarse contra os roles do seu xénero desenvolvéndoos cun gran sentido irónico. 

Cabellera de Berenice
Pude yo haber escrito

los anuncios por palabras más tontos
cualquier noche: “Mujer desesperada,
aburridísima,
ruega a extraterrestre piadoso
se sirva abducirla verdaderamente lejos”

Luego me lo pensé mejor. Yo no podría
vivir sin vertical azul celeste
en un vértigo negro de fugitivas luces,
sin días y sin noches, sin ventanas
al aire o con ventanas
virtuales, Windows-equis.
No soy más que un mamífero
que sin mesura sueña entre los límites
de su propio planeta. Lejos, pero no mucho
en términos siderales:
París en primavera, o una balsa
para bajar sin prisa el río Colorado.
Otoño canadiense, y en invierno
África, quizá. Ejemplos, sólo.

Ni muy lejos ni siempre.
Dependo de las cosas de mi ignota
guarida: mi café, mi tabaco, mis trayectos
rituales, esas gentes amables que dicen
“Buenos días”,
y el olor que mi madre se deja en los pañuelos. Ler +...




sábado, 11 de mayo de 2013

OBRADOIRO CON CARLOS NEGRO

PRODUCIÓNS LITERARIAS DO OBRADOIRO CON CARLOS NEGRO 

" A POESÍA É UNHA ONZA DE CHOCOLATE"

Haikus


As costas do mar
soa forte o vento
con claridade

O alboroto
está no obradoiro
con Carlos Negro

O mar ao fondo
os barcos non paran e,
penso en ti

La primavera
llega a mi corazón
con tu amor


ODIO
Odio que me leven a contraria
Odio esperar colas moi longas
Odio a xente racista
Odio que cando vou beber xa non quede nada
Odio a calor
Odio que me quiten o teléfono
Odio pisar os chicles que están pegados
Odio que me acusen de algo que non fixen
Odio que non me fagan caso cando falo
Odio que cando paso co can, outro lle ladre
Odio os ruídos desagradables
Odio as arañas e as algas do mar
Odio que a praia estea sucia
Odio que a auga saiba mal
Odio que haxa tormenta
Odio cando o meu pai me cambia de canal
Odio a xente que di que odia
Odio que se trasteen as portas polo vento
Odio que a miña irmá me colla a roupa
Odio que o boli quede sen tinta
Odio que a miña cobaia se meta debaixo dos mobles
Odio a xente hipócrita
Odio a xente que ten moita roupa e sempre quere máis
Odio que os chicles non duren nada
Odio o odio


DEFINICIÓNS "SEN DICIONARIO"

A tristeza é unha canle apagada no corazón
A tristeza é unha consola que nunca funcionou
A alegría é tocar un piano soprando pola boca
O odio son mordiscos dunha piraña dir3ectos á alma
Os berros son tenaces que ten o corpo para tirar a mala sorte
A axuda é un terremoto que ten o mundo para ser amigos
A amizade é unha relación de simbiose entre un can e un gato.


TEÑO MEDO
Teño medo ao rexeitamento
Teño medo ao amor
Teño medo ás arañas
Teño medo aos luns
Teño medo á roupa do mercadillo
Teño medo aos bazares chinos
Teño medo á soidade e ao desamor
Teño medo a que me peguen
Teño medo a Big Fut
Teño medo de min mesma
Teño medo a cambiar
Teño medo aos hipocerontes
Teño medo ao sufrimento
Teño medo a que algo non exista
Teño medo a Nemo
Teño medo aos tiburóns
Teño medo aos ollos azuis penetrantes das bonecas de porcelana que me miran pola noite
Teño medo ao meu grupo
Teño medo a que Rajoy teña unha tesoira
Teño medo á confusión
Teño medo a Michael Jackson
Téñoche medo a ti

NO FONDO DO MAR

Algas enredadas no esqueleto dun pirata
Palas de piragüismo de regatas nacionais
Bob Esponja no crustáceo “crujiente”
Botellas baleiras
Biquinis e bañadores perdidos
Gomas do pelo de deportistas
Dori de Nemo
Barcos fundidos baixo unha ponte
Auga transparente
Calamardo
Submarinos oxidados
Precinto
Chocolate de nenos caprichosos
Crema solar baleira
Sal salgado
Peixes namorados
Gafas de buceo sen cristais


MORRER SEN SENTIDO

sempre sen saída o sorriso
repoñemos escraches con furia
do nome real
entra tamén a última xoia
Portugal
desexaches estar tamén no tiroteo
o reto da inestabilidade
costa o noso orgullo
como á economía á deriva
dunha España sen sentido
conflitividade escolar
alerta a rede
“é difícil combater”
dixo o Papa Francisco
o sabio da bombilla
esconde riscos tribunais
medo, frío, fame
seis voces revolucionarias


miércoles, 1 de mayo de 2013

ENCONTRO POÉTICO " ENREDANDO VERSOS"

Na xornada do día 2 de maio celebramos o encontro poético Enredando versos como remate a un ano de intenso traballo arredor da poesía.O alumnado dos IES e do CEIP que forman parte deste proxecto reunirémonos no Pazo da Cultura de Sanxenxo a partir das 10.30 da mañá. Podedes seguir a xornada a través do noso blog, twitter e facebook.