viernes, 13 de junio de 2014
Obradoiro de poesía visual con Elvira Riveiro
domingo, 18 de mayo de 2014
A resposta, meu amigo, está soprando no vento.

Deseo con la fuerza y la profundidad del mar que la poesía nos ayude a sentir, a pensar, a conocernos por dentro y a explorar
A poesía é unha barricada de palabras rebeldes, un aturuxo de liberdade. A poesía é diurética, dixestiva e antiestresante; é flexible coma o chicle e o seu ADN é profundamente subversivo. Un poema no aire é unha bomba de palabras. Fran Alonso
Somos da liña onde espertan os soños; linde literario no último verso da estrofa.
Así é que desexas saber como se fan os poemas? Curioso pequeno que cada vez te fas máis grande. Os poemas son fráxiles e difíciles de coller coma os chopos listos e un ten que sentar á beira do peirao e pasar varias noites observando os movementos das mareas e as costumes dos bancos. E un día, ben disposto, agarrar a cana fortemente entre as mans, pero deixando a seda ceibe bailar as correntes e afanarse en seguilos a onde queiran eles ir e traelos a onde ti queres que vaian. E despois ás veces pican e tiran forte do cebo e arrástranche debaixo das augas. E alí xa cada quen ten a súa sorte. Hai máis infinitas mil e mil leguas submarinas. E alí o reflexo do mundo sobre as augas é tan verdadeiro coma o mundo. Pero outros non. Outros son coma as robalizas que se buscan nos cantís e rompen coma o mar con tanta furia. María Lado

Deste xeito naceu a poesía, construíndo non a realidade, senón a partir da realidade, xogando, concedéndolle á palabra o marabilloso trono do contrapunto de alivio.
martes, 13 de mayo de 2014
Unha cita en Tui coa poesía e os poetas.
jueves, 1 de mayo de 2014
8 maio: unha cita en TUI
martes, 22 de abril de 2014
martes, 17 de diciembre de 2013
A utilidade do inútil
Pepe Álvarez Cáccamo | Di Fran Alonso que a poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa..., na conversa e nas rúas. O importante da poesía, continúa afirmando no seu manifesto, non é obsesionarse con descifrala senón saber gozala, sentila e intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva facer da poesía un pracer. No universo do utilitarismo, escribe no prólogo do seu libro o pensador italiano, Nuccio Ordine (1), un martelo vale máis que unha sinfonía, un coitelo máis que unha poesía, unha chave inglesa máis que un cadro: ¿por que é doado facerse cargo da eficacia dun utensilio mentres que resulta cada vez máis difícil entender para que poden servir a música, a literatura ou a arte? O filósofo e tamém profesor italiano afirma: pensei que era o momento de reaccionar como o que son, un profesor, buscando os argumentos, encontrando páxinas dos clásicos que poidan facer vibrar as cordas do corazón dos meus novos estudantes. |
![]() |
| E chegados a este punto, as xornadas en Compostela, plantexan estas cuestións enriba da mesa. Como poetas e docentes preguntarse que é a poesía, reflexionar acerca do seu interese e utilidade para os lectores e lectoras e para a rapazada resulta un tema central. Antonio García Teijeiro, recolle o verso de Celaya, Poesía necesaria, para dar título a un libro de lectura e creación poética dentro da aula. Se nós estamos convencidos, contaxiaremos este convencemento ao noso alumnado, afirma o poeta. E aquí, no plano da experiencia práctica están os obradoiros impartidos por Antía Otero, Dores Tembrás e Carlos Negro. Tamén o proxecto "Enredando versos" que pretende achegar como mediadores que somos os versos dos poetas nas aulas e trasladar a súa voz á rutina diaria. Porque a poesía é unha fogueira, imos queimarnos nela. Celso Emilio Ferreiro |
Mesa redonda "Enredando versos nas aulas": Anxos Rial, Mercedes Queixas, Montse Penas e Romina Bal |
| Para rematar as xornadas nada mellor que a música, aliada imprescindible da poesía. Tres mulleres entorno a Rosalía. Diferentes voces, diferentes estilos unidas pola palabra. |
| Najla Shami:"Na lingua que eu falo" | Uxía:"Rosalía pequeniña" |
| Temos necesidade do inútil como temos necesidade, para vivir, das funcións vitais esenciais. A poesía, recórdanos Ionesco, a necesidade de imaxinar, de crear é tan fundamental como o é respirar. Respirar é vivir e non evadir a vida." (Nucio Ordine, 2013). (1) ORDINE, N. (2013). La utilidad de lo inútil. Barcelona: Acantilado. Imaxes: Harold |
jueves, 31 de octubre de 2013
EN NOVEMBRO CON ELVIRA RIVEIRO TOBÍO
CON ELVIRA RIVEIRO TOBÍO
atroz o cometido do espello
a ollada escrutadora
teimoso o zoom impertinente
espelliño asasino máxico
quen non mente?
espelliño olláparo asegura
que se me abren sucos de versos en ruínas pola cara
sinais do seu silencio no fondo da garganta
é o día mundial da poesía
e eu cos poemas
rebentándome as tripas









