CON ELVIRA RIVEIRO TOBÍO
Elvira Riveiro Tobío dinos, na autobiografía que publicou na web da AELG, da súa vocación poética temperá:
"A
miña inclinación á arte poética vén de tan lonxe que non me
imaxino sen ela"
Tamén nos comenta que a súa poesía está moi vinculada a Internet e o seu gosto pola poesía visual:
"Comecei
dándome a coñecer en diferentes páxinas web e en publicacións
periódicas e colectivas até que en 2005 decidín que xa era hora de
dar ao prelo un libro enteiro da miña autoría. Saíu na coidada
colección Tambo de poesía da Deputación Provincial e
titulouse Andar
ao leu.
No mesmo ano saíu Arxilosa,
na colección Hipocampo(...)
En
ningunha desas dúas obras se inclúen poemas visuais, unha vertente
á que lle teño dedicado ultimamente bastante tempo e da que
aparecen mostras nalgúns sitios web, como no visualobxectual,
recuncho no que vou gardando fundamentalmente obra allea proveniente
de diferentes lugares do mundo"
A súa obra na web aparece en diferentes páxinas:
porque
eu era unha nena
e
chorei tanto
coma
o día que asfaltaron o camiño
e
xa non se podían enterrar as catiuscas no xabre lamacento
e
cubriron con piche a casa do grilo que cantaba sempre á tarde
para
escarnio de toda a caste principesca dos ortópteros
e
foi un ano que houbo
superávit
de serradela e desconsolo
21
de marzo
atroz o cometido do espello
a ollada escrutadora
teimoso o zoom impertinente
espelliño asasino máxico
quen non mente?
espelliño olláparo asegura
que se me abren sucos de versos en ruínas pola cara
sinais do seu silencio no fondo da garganta
é o día mundial da poesía
e eu cos poemas
rebentándome as tripas
atroz o cometido do espello
a ollada escrutadora
teimoso o zoom impertinente
espelliño asasino máxico
quen non mente?
espelliño olláparo asegura
que se me abren sucos de versos en ruínas pola cara
sinais do seu silencio no fondo da garganta
é o día mundial da poesía
e eu cos poemas
rebentándome as tripas
No hay comentarios:
Publicar un comentario