O alumnado de 2º ESO dos centros que levamos traballando coa poesía dende o curso pasado participará nunha viaxe organizada á capital salmantina. Son rapaces e rapazas do IES Poio, do IES Ribeira do Louro, do IES San Paio e do IES Sanxenxo. Alí terán un encontro co poeta charro RAÚL VACAS, quen impartirá un obradoiro de creación literaria e ofrecerá un recital acompañado coa música do cantautor Fernando Maés.
Coñeceremos Salamanca verso a verso, leremos textos pola cidade, buscaremos a rá, o astronauta, o touro de Lázaro, pasearemos pola ponte romana e salpicarémonos das augas do Tormes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario