Mostrando entradas con la etiqueta #poemavisual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #poemavisual. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de mayo de 2014

Entrega de premios I edición e-Poesía


Aí estaba eu, no autobús, sentíndome estraño por estar con rapaces maiores ca min. Todos me miraban como dicindo "Este coouse", e de feito, alguén o dixo.
Ao chegar a Tui fomos ao teatro. Alí cada grupo tomou un camiño distinto e eu funme co meu grupo de cor azul. Con eles fixen poesía visual e, a verdade, os meus compañeiros non eran moi orixinais, sempre co amor e esas cousas.
Despois non me centrei tanto na poesía e preferín estar cos amigos que acababa de coñecer.
Entre todo isto  déronme un diploma (bah!), unha pequena libreta (bah!), e unha galleta con forma de peixe cun poema atado (ben!).
Quedei cun par de botellas que fixésemos para a ocasión e cunha madalena que acabei tomando para a cea. En fin, paseimo bastante ben. 
Brais. 1º ESO

Seleccionados categoría #tuitpoema: 
Ana Valin
Maribel Serantes
Alejandra Mosteiro Otero
Adrián Loureiro Guerrero
Natalia Castro Vázquez
Francisco Segado Pazos
Carla Rodríguez Ramírez
Noelia Caneda Rey
Aarón Acuña Bravo
Lucía Durán González
Lucía Castro Domínguez,
Blanca Ainoha Lores Caíño

Seleccionados categoría #poemavisual: 
Silvia Guerra Pazos
Shayla-A. Varela Santos
Ana Rodríguez Domínguez
Carmen Méndez Muñíz
Laura Soutullo García
Noelia Caneda Rey
Alexandra Varela Arboleda
Brais Melón Gómez
David Güimil Vázquez
Daniel García
Sergio García Vilaseco
Inés Rey Soutullo

Unha mostra: #e_PoesíaI #tuitpoema


Por seguridade camiñen pola rúa contrarrestando golpes coa man aberta e verbas con oídos pechos; enredando versos.


Cabalga o solpor
o ferro bravo
Alaga na ría
cobres dobregados
No corazón da xistra
incéndiase o pasado
                                          
Desperté y la ciudad
estaba en silencio,
callando lo que yo ya sabía.

La ciudad
Un pájaro se columpia con su nido
encima de un tejado,
no teme caerse,
sólo teme ser devorado.

Amaneció la ciudad
masticando los sueños
en un bostezo,
y repleta de cadáveres,
de hombres invisibles.


Parabéns a todos os premiad@s!!


+ info: facebbok (álbum de poesía visual)                                         
            twitter (#e_PoesíaI)

miércoles, 12 de febrero de 2014

I Edición e-Poesía en Twitter


          A cidade con ollos de poeta é o tema sobre o que xira o  #tuitspoema e o #poemavisual que conforman esta I Edición e-Poesía EnREDandoversos. Twitter será a canle para facer chegar esta poesía nova e refrescante a todos nós. Porque a poesía está en todas partes, tamén nas redes sociais e grazas a elas e ao seu efecto multiplicador permitirá ampliar a súa difusión máis alá das nosas fronteiras. 

        Esta convocatoria non ten o carácter dun concurso ou certame poético ao uso. Para comezar non hai premio, si se entende por tal unha contía económica ou un agasallo material. O premio será o recoñecemento de saberse elexido/a ou seleccionado/a por unha comisión de poetas profesionais e a posibilidade de ver publicado o #tuitpoema ou o #poemavisual presentado, así como a invitación para poder asistir ao II Encontro poético de EnREDandoversos na data e lugar que se fará chegar.

         Por outra banda, esta I Edición e-Poesía está aberta a calquera participante que así o queira: aos traballadores de versos, aos ensinantes, aos expertos con nome, aos anónimos e pseudónimos, aos poetas intuitivos, aos aprendices de poetas; aos bolseiros, erasmus, estudantes de estrofas, métrica ou verso libre... En definitiva, a todos e todas os/as que amen as palabras e o seu poder seductor, a imaxe e a palabra convertida en arte. 

Consultar bases aquí .