Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía Fernández Rial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía Fernández Rial. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de mayo de 2014

A resposta, meu amigo, está soprando no vento.




Pero,  que é a poesía??
Para que, tanta poesía??

A resposta, meu amigo,
está soprando no vento. Bob Dylan
               






Deseo con la fuerza y la profundidad del mar que la poesía nos ayude a sentir, a pensar, a conocernos por dentro y a explorar
y compartir nuestras palabras y sueños más preciados. Sólo así conseguiremos hacer personas libres y entrenadas en esta travesía maravillosa que es la vida. Sólo así conseguiremos hacer personas libres. “Yo leo, tú amas, él escribe…” Ojalá que nunca dejemos de conjugar estos y otros muchos verbos. Raúl  Vacas














A poesía é unha barricada de palabras rebeldes, un aturuxo de liberdade.  A poesía é diurética, dixestiva e antiestresante; é flexible coma o chicle e o seu ADN é profundamente subversivo. Un poema no aire é unha bomba de palabras. Fran Alonso
                                        
 





 

Que no crezca jamás en mis entrañas esa calma aparente llamada escepticismo.
Huya yo del resabio,del cinismo,
de la imparcialidad de hombros encogidos. Raquel Lanseros
 


 





Somos da liña onde espertan os soños; linde literario no último verso da estrofa.
 -Habitamos as lapelas dos libros que nos tolean.
 -Só imaxinando se orixina aquilo que nunca existiu. Rosalía Fernández Rial.

         




                Elvira Riveiro Tobío                                                 
 







Así é que desexas saber como se fan os poemas? Curioso pequeno que cada vez te fas máis grande. Os poemas son fráxiles e difíciles de coller coma os chopos listos e un ten que sentar á beira do peirao e pasar varias noites observando os movementos das mareas e as costumes dos bancos. E un día, ben disposto, agarrar a cana fortemente entre as mans, pero deixando a seda ceibe bailar as correntes e afanarse en seguilos a onde queiran eles ir e traelos a onde ti queres que vaian. E despois ás veces pican e tiran forte do cebo e arrástranche debaixo das augas. E alí xa cada quen ten a súa sorte. Hai máis infinitas mil e mil leguas submarinas. E alí o reflexo do mundo sobre as augas é tan verdadeiro coma o mundo. Pero outros non. Outros son coma as robalizas que se buscan nos cantís e rompen coma o mar con tanta furia. María Lado                                                                                              





Deste xeito naceu a poesía, construíndo non a realidade, senón a partir da realidade, xogando, concedéndolle á palabra o marabilloso trono do contrapunto de alivio.
A definición da palabra “xogo” é máis que válida para definir a poesía, se é que nos queremos atrever a definila dalgún xeito:
“o xogo é unha ocupación voluntaria, exercida dentro de certos e determinados lindes de tempo e espazo, segundo regras libremente consentidas pero absolutamente obrigatorias, dotado dun fin en si mesmo, acompañado dun sentimento de tensión e alegría, e dunha conciencia de ser doutro xeito ó da vida corrente” Johan Huizinga  Lucía Aldao      
                                                                    

martes, 13 de mayo de 2014

Unha cita en Tui coa poesía e os poetas.

Xoves, 8 de maio. Dez e media da mañá. Inicio dunha xornada intensa. Chegada ao Teatro de Tui da rapazada do norte da provincia de Pontevedra (Vilalonga, Sanxenxo e Poio), onde somos recibidos pola mocidade de Porriño e Tui para participar no II Encontro Enredando versos. Risas, apertas, saúdos, emoción, inquedanza... e dispostos para o comezo dos obradoiros da mañá. 

"Moita poesía, pouca diversión". Obradoiro de Aladaolado.
"Os poetas no tempo". Obradoiro de Xardín Desordenado.
"De cuerpo presente (El arte de ver)". Obradoiro de Raúl Vacas.
                                                                          Obradoiro de Rosalía Fernández Rial
Obradoiro de Raquel Lanseros
Obradoiro de Elvira Riveiro Tobío
Obradoiro de Fran Alonso

martes, 3 de diciembre de 2013

EN DECEMBRO CON ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL

Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) é, sobre todo, escritora, en especial de poesía. Aínda que tamén se licenciou en Filoloxía e se está doutorando en Ciencias da Educación, ao tempo que continúa a súa formación en arte dramática, despois de ter participado nalgún proxecto teatral. Esta última faceta combínaa, asemade, coa escrita, levando os seus versos a escena mediante propostas musicais, pictóricas e performánticas. 

(http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2013/04/03/rosalia-fernandez-rial/)

 

 

 

Ten publicado en poesía:

  • En clave de sol, 2009, Asociación Cultural Lumieira.
  • Átonos, 2011, Asociación Cultural Lumieira.
  • Vinte en escena, 2012, Positivas.

A súa obra tamén forma parte das seguinte obras colectivas:


  • Follas de Carballo, 2011, Asociación Cultural Lumieira.
  • Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte, 2012, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.  

Blog da poeta:http://rolderosalia.blogspot.com.es/


 GÚSTO-NOS
Agarda!
Estamos atados
pola mesma lingua,
enredados en idéntica
papila gustativa.
Vibra. Bebe o ruxir
que nos deglute sen tragar.
Brinca o lume loiro
da fala lene.
Pero agarda.
Non rompas o compás.
As palabras de sabores
sóñannos saltos imposibles
sobre ápices entrelazados.
Podemos ser traficantes de padais
ou afinar o asubío desta serpe.
Podemos chuspir letras amargas;
sentir o doce tombo
dos beizos salgados.
E o bico barbitúrico da lúa.
Podemos protexer ós fuxitivos.
Mais agora agarda.
A única fronteira
é a nosa lingua de area. No horizonte.
                                                                Átonos, 2011


ESCENA VII: (esquina)
As esquinas da rúa
que fago pola noite
son as proas da cidade.
Eu, o máis fermoso mascarón.
Nacín madeira de serea;
o meu canto fuma
rosas dos ventos
en solapas descoñecidas.
Desorientadas xa.
E os peixes que teño nos beizos
Coñecen
todos os buratos do suburbio.
Porque cada crepúsculo
atracan, nas miñas costas,
demasiados barcos desnortados.
Din que me movo
en danza oceánica;
que bico coa vertixe do nordés.
Comprenden que cobre
por fabricar amor.
Pero ninguén  sabe
con cantos piratas
teño que deitarme
antes de poder durmir.

                                            Vinte en escena, 2012



PULSO 4-Tonalidade menor
Hoxe cansei do mundo.
Sempre xira coa mesma canción,
e todos ó seu ritmo.
Non somos máis que corcheas picadas
nun tango con présa e caducado.
Necesito parar para sentilo,
prolongar a miña corchea,
alterala,
cambiala de tonalidade.
Necesito parar para vivir,
para bailar cos teus ollos
para mirar se aínda hai estrelas.
Sinto que vou a contratempo
e que o tango se mofa de min,
pero non podo recuperar o compás. 
                                           En clave de sol, 2009

ESCENA III: (todas as rúas)
Demasiado frío
para durmir
-di o carambelo dos teus labios-
Demasiado frío.
E á cidadenon lle caben
os nosos corpos
nosseus petos.
Fóra
é o único lugar que nos pertence.
Mais non tremas, amor.
Os edificios son árbores
con necrópoles de niños;
illas afogadas
en océanos que non flotan.
"Eles" teñen
un furado de asfalto vertical;
unha fiestra sen luz
entre as fauces da noite.
E nós?
Nós, todas as rúas.
                                        Vinte en escena, 2012

domingo, 1 de diciembre de 2013

Galería poetas Porta XIII


Rosalia Fernández Rial Roi Vidal
Raúl Gómez Pato Eduardo Estévez
Arsenio Iglesias Pazos Serxio Iglesias

MÁIS VIDEOS

Rosalía Fernández Rial                       Roi Vidal
Raúl Gómez Pato                             Eduardo Estévez
Arsenio Iglesias Pazos                     Serxio Iglesias