Pero, que é a poesía??
Para que, tanta poesía??
A resposta, meu amigo,
está soprando no vento. Bob Dylan
Deseo con la fuerza y la profundidad del mar que la poesía nos ayude a sentir, a pensar, a conocernos por dentro y a explorar
y
compartir nuestras palabras y sueños más preciados. Sólo así conseguiremos
hacer personas libres y entrenadas en esta travesía maravillosa que es la vida.
Sólo así conseguiremos hacer personas libres. “Yo leo, tú amas, él escribe…” Ojalá que nunca dejemos de
conjugar estos y otros muchos verbos. Raúl Vacas
A poesía é unha barricada de palabras rebeldes, un aturuxo de liberdade. A poesía é diurética, dixestiva e antiestresante; é flexible coma o chicle e o seu ADN é profundamente subversivo. Un poema no aire é unha bomba de palabras. Fran Alonso
Huya yo del resabio,del cinismo,
de la imparcialidad de hombros encogidos. Raquel Lanseros
Somos da liña onde espertan os soños; linde literario no último verso da estrofa.
-Habitamos as lapelas dos libros que nos tolean.
-Só imaxinando se orixina aquilo que nunca existiu. Rosalía Fernández Rial.
Así é que desexas saber como se fan os poemas? Curioso pequeno que cada vez te fas máis grande. Os poemas son fráxiles e difíciles de coller coma os chopos listos e un ten que sentar á beira do peirao e pasar varias noites observando os movementos das mareas e as costumes dos bancos. E un día, ben disposto, agarrar a cana fortemente entre as mans, pero deixando a seda ceibe bailar as correntes e afanarse en seguilos a onde queiran eles ir e traelos a onde ti queres que vaian. E despois ás veces pican e tiran forte do cebo e arrástranche debaixo das augas. E alí xa cada quen ten a súa sorte. Hai máis infinitas mil e mil leguas submarinas. E alí o reflexo do mundo sobre as augas é tan verdadeiro coma o mundo. Pero outros non. Outros son coma as robalizas que se buscan nos cantís e rompen coma o mar con tanta furia. María Lado
Deste xeito naceu a poesía, construíndo non a realidade, senón a partir da realidade, xogando, concedéndolle á palabra o marabilloso trono do contrapunto de alivio.
A definición da palabra “xogo” é máis que válida para definir a poesía,
se é que nos queremos atrever a definila dalgún xeito:
“o xogo é unha ocupación
voluntaria, exercida dentro de certos e determinados lindes de tempo e espazo,
segundo regras libremente consentidas pero absolutamente obrigatorias, dotado
dun fin en si mesmo, acompañado dun sentimento de tensión e alegría, e dunha
conciencia de ser doutro xeito ó da vida corrente” Johan Huizinga Lucía Aldao
No hay comentarios:
Publicar un comentario