E chegou maio e chegou o encontro poético, o río Miño, os peixiños das monxas encerradas e a poesía espérannos na fermosa vila de Tui:
"Con esta actividade Tui revive o seu compromiso coa poesía iniciado un 24 de xuño de 1891 cando o Teatro Principal desta cidade foi sede dos primeiros xogos florais desenvolvidos en galego, 123 anos despois gozaremos e viviremos a poesía da man dunha boa e nutrida representación de traballadores do verso." ( José María Lores).
E será esta vila o punto de encontro de poetas galegos e españois, de rapaces e rapazas de Tui, O Porriño, Sanxenxo e Poio, a Pontevedra do norte irmandada coa Pontevedra do sur, avelaíñas poéticas tecendo REDES en VERSO.
Xogaremos coa palabra en versos, entregaremos as mencións aos seleccionados nos certames de E-poesía, manifestarémonos coa lírica e conviviremos ao lado do río.
Mirade con atención o noso programa:
No hay comentarios:
Publicar un comentario