Iniciamos esta recompilación de grandes nomes da poesía contemporánea máis alá das nosas fronteiras, con aqueles poetas recollidos na Antoloxía X edición: Poetas do mundo en Córdoba (2004-2013), que participaron nas distintas edicións do Festival Internacional Cosmopoética, sen lugar a dúbidas, unha das máis importantes citas culturais que teñen lugar dentro e fóra do noso país.
Nesta longa nómina, de máis dun centenar de poetas, encóntranse varios Premios Nobel e Cervantes, procedentes de 52 nacionalidades distintas e que se expresan en 23 linguas diferentes. As súas voces oíronse naquelas cálidas terras da capital cordobesa: nas súas prazas e patios, na sala Orive e nas adegas da cidade compartindo finos, palabras e o aroma da flor de azar.
Galería completa en Pinterest
No hay comentarios:
Publicar un comentario