PRODUCIÓNS LITERARIAS DO OBRADOIRO CON CARLOS NEGRO
" A POESÍA É UNHA ONZA DE CHOCOLATE"
Haikus
soa forte o vento
con claridade
O alboroto
está no
obradoiro
con Carlos Negro
O mar ao fondo
os barcos non paran e,
penso en ti
La primavera
llega a mi corazón
con tu amor
ODIO
Odio que me leven a contraria
Odio esperar colas moi longas
Odio a xente racista
Odio a calor
Odio que me quiten o teléfono
Odio pisar os chicles que están
pegados
Odio que me acusen de algo que non
fixen
Odio que non me fagan caso cando falo
Odio que cando paso co can, outro lle
ladre
Odio os ruídos desagradables
Odio as arañas e as algas do mar
Odio que a praia estea sucia
Odio que a auga saiba mal
Odio que haxa tormenta
Odio cando o meu pai me cambia de canal
Odio a xente que di que odia
Odio que se trasteen as portas polo
vento
Odio que a miña irmá me colla a roupa
Odio que o boli quede sen tinta
Odio que a miña cobaia se meta debaixo
dos mobles
Odio a xente hipócrita
Odio a xente que ten moita roupa e
sempre quere máis
Odio que os chicles non duren nada
Odio o odio
DEFINICIÓNS "SEN DICIONARIO"
A tristeza é unha
canle apagada no corazón
A tristeza é unha
consola que nunca funcionou
A alegría é
tocar un piano soprando pola boca
O odio son
mordiscos dunha piraña dir3ectos á alma
Os berros son
tenaces que ten o corpo para tirar a mala sorte
A axuda é un
terremoto que ten o mundo para ser amigos
A amizade é unha
relación de simbiose entre un can e un gato.
TEÑO MEDO
Teño medo ao
rexeitamento
Teño medo ás
arañas
Teño medo aos
luns
Teño medo á
roupa do mercadillo
Teño medo aos
bazares chinos
Teño medo a que
me peguen
Teño medo a Big
Fut
Teño medo de min
mesma
Teño medo a
cambiar
Teño medo aos
hipocerontes
Teño medo ao
sufrimento
Teño medo a que
algo non exista
Teño medo a Nemo
Teño medo aos
tiburóns
Teño medo aos
ollos azuis penetrantes das bonecas de porcelana que me miran pola
noite
Teño medo ao meu
grupo
Teño medo a que
Rajoy teña unha tesoira
Teño medo á
confusión
Teño medo a
Michael Jackson
Téñoche medo a
ti
NO FONDO DO MAR
Algas enredadas no
esqueleto dun pirata
Palas de
piragüismo de regatas nacionais
Botellas baleiras
Biquinis e
bañadores perdidos
Gomas do pelo de
deportistas
Dori de Nemo
Barcos fundidos
baixo unha ponte
Auga transparente
Calamardo
Submarinos
oxidados
Precinto
Chocolate de nenos
caprichosos
Crema solar
baleira
Sal salgado
Peixes namorados
Gafas de buceo sen
cristais
MORRER SEN SENTIDO
sempre sen saída
o sorriso
repoñemos
escraches con furia
entra tamén a
última xoia
Portugal
desexaches estar
tamén no tiroteo
o reto da
inestabilidade
costa o noso
orgullo
como á economía
á deriva
dunha España sen
sentido
conflitividade
escolar
alerta a rede
“é difícil
combater”
dixo o Papa
Francisco
o sabio da
bombilla
esconde riscos
tribunais
medo, frío, fame
seis voces
revolucionarias
No hay comentarios:
Publicar un comentario