A poeta Dores Tembrás vén de ser galardoada co Premio de poesía Concello de Carral co seu poemario Cronoloxía da ausencia, “ Un poemario na que a autora procura o desexo en multitude de voces femininas, nun encontro coa terra, o traballo e a casa da aldea” (Sermos Galiza).
A poeta de Bergondo escribe a súa autoboigrafía na páxina da AELG:
“Nacín en Bergondiño en 1979, alí me criei ata 1986, ano en que nos trasladamos á Coruña. Licencieime en Filoloxía Hispánica no 2001. A continuación fixen os cursos de doutoramento no bienio 2001-2003. E logo de diferentes estadías investigadoras en Suecia, Madrid e Bos Aires, defendín na UDC a miña tese doutoral o 30 de xaneiro de 2008: La obra poética de Alejandra Pizarnik. Arquitectura de un desencuentro. En 2009 publico o meu primeiro poemario O pouso do fume.”
A autora ten un blog e unha páxina web que vale a pena visitar:
Na seguinte páxina da AELG podedes ver numerosos vídeos nos que a autora fala da súa obra, lendo osseus poemas ou participando en actividades:
En “Sermos galiza” di “ a miña poesía leva tatuada a terra”: http://www.sermosgaliza.com/artigo/cultura/dores-tembras-a-mina-poesia-leva-a-terra-tatuada/20130514174429014876.html.
En “Fervenzas literarias: http://fervenzasliterarias.com/index.php/novas/item/1488-dores-tembr%C3%A1s-acada-o-xvi-premio-de-poes%C3%ADa-concello-de-carral.html
Presentación do seu primeiro libro en 2009:
No hay comentarios:
Publicar un comentario