Fran Alonso
Biografía
Web de Fran Alonso
Poemas
Fomos ficando sós
na casa, nas sabas,
os dous.
Roubáronnos as
brasas do tempo,
sós,
xanelas, patios,
timbres
esvaecéronse sen
nós,
sen nós.
Roubáronnos os
esparadrapos, amor,
para curarmos a dor,
crómer, esponxas,
algodón,
sen embebérense de
nós.
Só nos quedou a
noite, o frío,
os espellos de po.
Persianas,
pedramol e outros nervios (1992), de Fran Alonso
Non
hai máis butano, amor.
Haberemos de ducharnos apagados,
afogados no corpo das augas que nacen en nós.
Ti precisas deterxente.
Eu, un xel de rosas e camelias.
Cando remate, amor, celebraremos
anosa hixiene de cosméticos.
Mentres dure.
Haberemos de ducharnos apagados,
afogados no corpo das augas que nacen en nós.
Ti precisas deterxente.
Eu, un xel de rosas e camelias.
Cando remate, amor, celebraremos
anosa hixiene de cosméticos.
Mentres dure.
Persianas,
pedramol e outros nervios
O teu corpo é unha cidade
e, intensamente,
córreche o tráfico polas veas
e as arterias.
E cando choras é o mar,
que se revolve,
humidamente.
E na pel médranche os edificios,
tan supetamente,
e nos dedos arrabaldes.
E podes ser feliz sentindo o latexar
da vida toda que levas dentro,
urbana mente.
Es feliz
ata que os ollos se che anubran
brutalmente,
e toses, contraído,
pola contaminación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario