Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nuha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
(...)
O meu corazón che mando
cunha chave para o abrir,
nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.
Cantares gallegos. 1863
Rosalía soubo como poucos reflectir nos seus versos os propios sentimentos como muller e como galega, converténdose na máis grande poeta da lingua da que a nosa literatura é herdeira. A súa poesía transcende todas as fronteiras e tamén o tempo, ata chegar aos nosos días coa mesma vixencia e a mesma forza de sempre.
Os centros educativos que forman parte deste proxecto enREDando cos versos uníronse ás homenaxes de Rosalía con motivo do 150 aniversario de Cantares gallegos. Estas son as nosas aportacións:
- Cantares fronte á adversidade: constelación poética (as zocas/ bibloribeira)
- Dende As zocas faladoras: Todos con Rosalía ( Programa, Vídeo, Poema 10 (visual)
- Dende Biblioribeira: Caligramas rosalianos
- Dende Pedra do Acordo: Vídeo do poema "Miña Santa Margarida"
- Dende Bibliomanía: lectura compartida alumnos- nais (Canta, meniña gaiteira!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario