Este fin de semana, Enredando versos trasládase a Compostela para asistir ás III Xornadas de Literatura e Ensino organizadas pola AELG e a AS-PG. Anxos Rial, profesora de Lingua Galega e coordinadora da Biblioteca escolar do IES de Poio, dará voz a este proxecto colaborativo que comezou a súa andaina o curso pasado e que pretende achegar ao alumnado á poesía contémporánea, e en especial á dos poetas máis novos. Será o sábado 14 e compartirá mesa con Montse Penas e Romina Bal, o que permitirá intercambiar distintos puntos de vista sobre este potencial creativo e expresivo da expresión poética.
O programa complétase con obradoiros, conferencias e mesas redondas que contan coa presenza de poetas consagrados como García Teijeiro, Álvarez Cáccamo, Fran Alonso, Elvira Riveiro, Antía Otero, Dores Tembrás, Carlos Negro...
A música de Uxía, Najla Shami e Aid, unidas polo fío conductor dos versos rosalianos, poñerán o remate a dous días intensos, pero de seguro gratificantes.
Máis información na Axenda cultural da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
No hay comentarios:
Publicar un comentario