Ana María Fernández
naceu en Palma de Mallorca en 1949 pero vive na Coruña desde o ano
1967. É mestra e, xunto co seu home Xoán Babarro, é autora dos
primeiros textos modernos para a aprendizaxe do galego. Recibiu o
Premio Lazarillo de creación literaria por Amar
e outros verbos. A
súa obra O
país de amarnos
figurou na lista de honor da IBBY do 2006.
No eido da poesía ten
publicado os seguintes poemarios:
- Pola rúa dos versos http://www.filix.org/prel/polarua.html
- Ondas de verde e azul http://www.filix.org/auto/ondas.htm
- Amar e outros verbos http://www.filix.org/xove/amar.html
- O país de amarnos http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=380
- Poemas que cantou o grilo http://www.filix.org/auto/poemasque.html
- Páxinas de carricanta http://www.filix.org/xove/paxinas.html
TRES PAXES E TRES REIS
SUMAN SEIS
Paxe 1
Traemos lembranzas
de moitos lugares.
Saltamos montañas,
cruzamos os mares
e, por fin, chegamos
hoxe, con ledicia,
á fermosa terra
da verde Galicia.
Paxe 2
Vexo que, nas cartas,
pedistes regalos
e os Reis, que vos queren,
andan a buscalos:
bicis e bonecos,
disfraces, patíns,
xogos e máis xogos,
botas e botíns…
Paxe 3
E aquí están os Magos
facendo camiños.
Chegan dende Oriente
detrás do solpor,
e seguen contentos,
pasiño a pasiño,
mirando arredor.
Transportan regalos
nun saco de nube,
saúdos quentiños
dos raios do sol,
e veñen seguindo
ronseis dunha estrela
que anuncia o Amor.
Son tempos de xogos,
de paz, de alegrías.
Son tempos de enredos
e mais de lecer.
E os Magos xa falan
a lingua da terra
que van percorrer.
Paxe 1
Ola, Rei Melchor, o de capa
dourada!
Que traes para a xente, que
está ilusionada?
Melchor
Libros fermosos, cancións, adiviñas,
contos e lendas dos vosos avós,
para que soen en lingua galega
o verso e a voz.
Paxe 2
Ola, Rei Gaspar, o do rexo camelo!
Que traes nese cofre que dá gusto velo?
Gaspar
Eu traio envoltos na néboa saudosa
grandes tesouros de ouro e coral,
barcos piratas, fragatas, veleiros,
castelos de sal.
Paxe 3
E ti Baltasar, dos Reis, o terceiro,
cal agasallo é máis gaioleiro?
Baltasar
Son todos lindos, a cal máis bonito;
enredos con maxia, para celebrar,
xogos de mesa, de armar, de consolas,
e algún paquetiño de risas e paz.
Todos
Pois xuntos berremos, que o Mundo nos sinta,
que viva o Nadal!
O libro dos Reis Magos. Xunta de Galicia.
ENVELLECER
Mira os avós.
Antes eran máis grandes,
máis altos,
máis anchos...
pero devecen coma as follas sen zume.
Aseguran que o tempo é o único culpable,
un furtivo que chega cos dentes afiados
a cravárselles no rostro
mentres dormen
mentres botan farangullas ás pombas dos xardíns
ou xogan coma nenos.
A miúdo falan de vidas que pasaron
e argallan historias,
ao quentaren as mans
sobre a seda dos lumes.
Os avós envellecen devagar,
pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,
porque gardan
o segredo do futuro,
máis alá dos seus ollos pequenos. Amar e outros verbos.
AMAR
O amor florece desde dentro,
en primeira persoa,
e medra coma irmanciño novo,
que gabea polos rostros
e polas mans da xente...
o amor fai ancho o sorriso,
como un peirao xigante
onde atracan os barcos
cargados de alegrías,
e arrodéase de flores,
de paxaros,
de nubes de algodón
e atardeceres de azucre.
O amor converte o peito
nunha praza
onde viven os saúdos,
coas apertas e os regalos,
onde caben os nenos
que habitan os domingos
e comen chocolate
e rin fóra das sombras. Amar e outros verbos
O amor florece desde dentro,
en primeira persoa,
e medra coma irmanciño novo,
que gabea polos rostros
e polas mans da xente...
o amor fai ancho o sorriso,
como un peirao xigante
onde atracan os barcos
cargados de alegrías,
e arrodéase de flores,
de paxaros,
de nubes de algodón
e atardeceres de azucre.
O amor converte o peito
nunha praza
onde viven os saúdos,
coas apertas e os regalos,
onde caben os nenos
que habitan os domingos
e comen chocolate
e rin fóra das sombras. Amar e outros verbos
Un día de tantos,
podo perderme entre estas rúas
onde, do sol,
non chega unha noticia,
onde medra
a podremia e o caruncho
ata nas pedras,
onde agachan a cabeza
os que máis sofren.
Podo perderme
no insubmiso canellón
que o tempo ggreta
entre casa e casa,
arrecendo a comida
e humidade,
onde non sobreviviron as cantigas,
onde arañas de oito dedos
comen carne tras das portas
e aderrita dos labios
se concreta
en frío, soidade,
abraio e burla.
Entón, sen dicires unha palabra,
sen tocarme,
só coa estrela dos teus ollos,
lembrarei todo o ceo.
O país de amarnos
No hay comentarios:
Publicar un comentario