![]() |
miércoles, 21 de mayo de 2014
martes, 20 de mayo de 2014
Sírvanse a gusto!
Por que non saborear un petisco de queixo ou un doce acompañado duns versos?
Por que non beber versos embotellados?
Po que non ter un pisapapeis poético e artesán na nosa mesa d estudo?
Todo isto é posible. Sírvanse a gusto!
Por que non beber versos embotellados?
Po que non ter un pisapapeis poético e artesán na nosa mesa d estudo?
Todo isto é posible. Sírvanse a gusto!
domingo, 18 de mayo de 2014
A resposta, meu amigo, está soprando no vento.

Pero, que é a poesía??
Para que, tanta poesía??
A resposta, meu amigo,
está soprando no vento. Bob Dylan
Deseo con la fuerza y la profundidad del mar que la poesía nos ayude a sentir, a pensar, a conocernos por dentro y a explorar
y
compartir nuestras palabras y sueños más preciados. Sólo así conseguiremos
hacer personas libres y entrenadas en esta travesía maravillosa que es la vida.
Sólo así conseguiremos hacer personas libres. “Yo leo, tú amas, él escribe…” Ojalá que nunca dejemos de
conjugar estos y otros muchos verbos. Raúl Vacas
A poesía é unha barricada de palabras rebeldes, un aturuxo de liberdade. A poesía é diurética, dixestiva e antiestresante; é flexible coma o chicle e o seu ADN é profundamente subversivo. Un poema no aire é unha bomba de palabras. Fran Alonso
Huya yo del resabio,del cinismo,
de la imparcialidad de hombros encogidos. Raquel Lanseros
Somos da liña onde espertan os soños; linde literario no último verso da estrofa.
-Habitamos as lapelas dos libros que nos tolean.
-Só imaxinando se orixina aquilo que nunca existiu. Rosalía Fernández Rial.
Así é que desexas saber como se fan os poemas? Curioso pequeno que cada vez te fas máis grande. Os poemas son fráxiles e difíciles de coller coma os chopos listos e un ten que sentar á beira do peirao e pasar varias noites observando os movementos das mareas e as costumes dos bancos. E un día, ben disposto, agarrar a cana fortemente entre as mans, pero deixando a seda ceibe bailar as correntes e afanarse en seguilos a onde queiran eles ir e traelos a onde ti queres que vaian. E despois ás veces pican e tiran forte do cebo e arrástranche debaixo das augas. E alí xa cada quen ten a súa sorte. Hai máis infinitas mil e mil leguas submarinas. E alí o reflexo do mundo sobre as augas é tan verdadeiro coma o mundo. Pero outros non. Outros son coma as robalizas que se buscan nos cantís e rompen coma o mar con tanta furia. María Lado

Deste xeito naceu a poesía, construíndo non a realidade, senón a partir da realidade, xogando, concedéndolle á palabra o marabilloso trono do contrapunto de alivio.
A definición da palabra “xogo” é máis que válida para definir a poesía,
se é que nos queremos atrever a definila dalgún xeito:
“o xogo é unha ocupación
voluntaria, exercida dentro de certos e determinados lindes de tempo e espazo,
segundo regras libremente consentidas pero absolutamente obrigatorias, dotado
dun fin en si mesmo, acompañado dun sentimento de tensión e alegría, e dunha
conciencia de ser doutro xeito ó da vida corrente” Johan Huizinga Lucía Aldao
Etiquetas:
Elvira Riveiro,
encontro poetico,
Fran Alonso,
Intervención poética.,
Lucía ALDAO,
María LADO,
Raquel Lanseros,
Raúl VACAS,
Rosalía Fernández Rial,
Tui
Poetas emerxentes
Aquí os temos. Levando a bandeira de cada centro, coa súa voz, o seu temple e a súa creatividade:
- Paulo Daniel e Gala do IES San Paio. Recitaron "Descordo ós nosos poetas" de Bernardino Graña.
- Lara, Nicolás e Paula do IES Ribeira do Louro recitaron "Barbie girl" e "Roedores do caucho" de Carlos Negro e "El silencio" de José Emilio Pacheco.
- Brais do IES de Poio leu poemas de autoría propia: "Ítaca", "Enredando versos", "Branco" e "Navegante do Solpor".
- Alexandra, Angie, Yalisha, Daniel, Javier, Fernando, Paula, Lucía, Silvia do IES de Sanxenxo escolleron "Los nadie" de Eduardo Galeano.
- Adrián e Sara do IES de Vilalonga tamén nos sorprenderon con poemas da súa propia autoría, recitados, no caso de Sara de memoria.
Manifestación de "Versos Preferentes"
Cando estaba a dar un paseo xirei a cabeza e vin un grupo de adolescentes cuns carteis na man e unha gran pancarta que se encontraba á cabeza co lema "A cidade con ollos de poeta". Volvín botar unha ollada e todos comezaron a camiñar cara o mercado. Decateime nuns poucos segundos que era unha manifestación e comecei a seguilos.
- De que vai a manifestación?, preguntei.
- De que queremos poesía.
E logo, seica van quitala?
Nos obradoiros: con Xardín Desordenado
Sorprendéronme as ganas e o entusiasmo que tiñan todos os meus compañeiros. Nada máis chegar fomos ao noso respectivo "obradoiro".
No meu caso tocoume participar no que impartía Xardín Desordenado, un grupo musical que nos mostrou durante unha hora poemas de diferentes épocas e autores galegos. Resultoume fascinante a música e o ritmo engadido aos poemas, sobre todo os que se referían ao amor, o meu tema preferido. Ana Parada
Non coñecía, nin oira falar deste grupo musical ata que supen que ía estar no Encontro.
Pareceume fantástico, sempre cun sorriso mesmo mentres cantaban, en especial o rapaz novo que tocaba a guitarra, Isaac, ademais tocaba xenial. Adrián
No meu caso tocoume participar no que impartía Xardín Desordenado, un grupo musical que nos mostrou durante unha hora poemas de diferentes épocas e autores galegos. Resultoume fascinante a música e o ritmo engadido aos poemas, sobre todo os que se referían ao amor, o meu tema preferido. Ana Parada
Non coñecía, nin oira falar deste grupo musical ata que supen que ía estar no Encontro.
Pareceume fantástico, sempre cun sorriso mesmo mentres cantaban, en especial o rapaz novo que tocaba a guitarra, Isaac, ademais tocaba xenial. Adrián
viernes, 16 de mayo de 2014
Entrega de premios I edición e-Poesía

Aí estaba eu, no autobús, sentíndome estraño por estar con rapaces maiores ca min. Todos me miraban como dicindo "Este coouse", e de feito, alguén o dixo.Ao chegar a Tui fomos ao teatro. Alí cada grupo tomou un camiño distinto e eu funme co meu grupo de cor azul. Con eles fixen poesía visual e, a verdade, os meus compañeiros non eran moi orixinais, sempre co amor e esas cousas.
Despois non me centrei tanto na poesía e preferín estar cos amigos que acababa de coñecer.
Entre todo isto déronme un diploma (bah!), unha pequena libreta (bah!), e unha galleta con forma de peixe cun poema atado (ben!).
Quedei cun par de botellas que fixésemos para a ocasión e cunha madalena que acabei tomando para a cea. En fin, paseimo bastante ben. Brais. 1º ESO

Seleccionados categoría #tuitpoema:
Ana Valin
Maribel Serantes
Alejandra Mosteiro Otero
Adrián Loureiro Guerrero
Natalia Castro Vázquez
Francisco Segado Pazos
Carla Rodríguez Ramírez
Noelia Caneda Rey
Aarón Acuña Bravo
Lucía Durán
González
Lucía Castro
Domínguez,
Seleccionados categoría #poemavisual:
Silvia Guerra Pazos
Shayla-A. Varela Santos
Ana Rodríguez Domínguez
Carmen Méndez Muñíz
Laura Soutullo García
Noelia Caneda Rey
Alexandra Varela Arboleda
Brais Melón Gómez
David Güimil Vázquez
Daniel García
Sergio García Vilaseco
Inés Rey Soutullo
Unha mostra: #e_PoesíaI #tuitpoema
Por seguridade camiñen pola rúa contrarrestando golpes coa man aberta e verbas con oídos pechos; enredando versos.

Cabalga o solpor
o ferro bravo
Alaga na ría
cobres dobregados
No corazón da xistra
incéndiase o pasado
Desperté y la ciudad
estaba en silencio,
callando lo que yo ya sabía.
La ciudad
Un pájaro se columpia con su nido
encima de un tejado,
no teme caerse,
sólo teme ser devorado.
Amaneció la ciudad
masticando los sueños
en un bostezo,
y repleta de cadáveres,
de hombres invisibles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















