O pasado 4 de marzo, membros do proxecto eTwinning "EnREDando versos", tivemos un encontro en Maçedo dos Cavaleiros (Portugal) sendo recibidos amablemente pola nosa socia portuguesa.
Fixemos unha visita ao seu centro "Escola básica e secundaria" e posteriormente, na biblioteca, realizamos unha reunión na que literalmente "puxemos caras aos nosos nomes"; valoramos a marcha das actividades realizadas ata o de agora e programamos novas actividades como unha vídeoconferencia, a recreación de poemas e a creación colaborativa dos mesmos.
Estas son as imaxes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario