martes, 19 de noviembre de 2013

ENREDANDO COS VERSOS EN SALAMANCA. (Crónica):

 

IMG_8520Son as 14,45 e estamos na biblioteca apurando uns bocatas e algunha froita, as mamás despídense e voulles presentando o itinerario e os/as participantes, chega o bus e primeiro contacto: Poio-Sanxenxo; unhas cantas voltas e en Torneiros (Porriño) recollemos a Tui e a Porriño, xa estamos completos…COMEZA a aventura dos versos e dos encontros, o autobús énchese de voces que non cesarán ata o regreso… imos de camiño a SALAMANCA onde nos agarda o poeta RAÚL VACAS.

Falamos, falamos e falamos… (“Salamanca reposa sonriente sobre sus tres colinas”…Víctor Hugo) que chegamos tarde á cea!!!, un comedor universitariooooo, guau!!! xa somos maiores, de 2º de ESO á universidade!!! non será o único contacto. Logo da cea ao albergue, repartímonos nas habitacións e de paseo por Salamanca á noite (pobres profes… non os deixamos durmir), o primeiro contacto coa Plaza Mayor.

Un novo día ( só un pouco durmidos despois de tanto latricar e latricar…), almorzo, reunión preparatoria e en marchaaaaa… Chegamos á Biblioteca Torrente Ballester onde nos esperan, dividímonos en dous grupos para visitar a exposición sobre o libro, a biblioteca, espazos e funcións, o foto call, a comiteca… e o taller de poesía con RAÚL VACAS.

IMG_8218

O taller… recíbenos Raúl cun exemplar do Diario de Pontevedra!!!!  onde se fala de nós, da nosa visita e do tema do mesmo: “ para cultivar su compromiso de cuidar los árboles y la poesía”. Nomes de árbores, álbumes ilustrados, xogos de palabras, rimas… e Raúl fai que a nosa árbore medre coas palabras, cos versos… tronco, pólas… sorrisos nas caras, sorpresas ( Eu non sabía rimar!!!), satisfacción… Xa todos sentimos ao poeta coma un máis dos nosos… haberá que xantar e logo…

Logo, coas sobremesas regresa Raúl para nos facer  de guía pola Salamanca das pedras e do saber, dos versos e da historia: A Universidade ( …profe, non vexo a ra !!! cro, cro fan as ras que mercaron…), a casa de Unamuno ( “remanso de quietud, yo te bendigo / ¡mi Salamanca!) , versos e versos ante as fachadas. E andando, andando, que Lázaro de Tormes agarda por nós nas beiras do río ( “Salimos de salamanca y llegando al puente, está a la entrada della un animal de piedra…”); e máis versos e paseos, e fotos de grupo, vai frío… cruzamos de novo cara o horto de… Calixto e Melibea, que son de Tui… cae a noite e Calixto conversa de amor con Melibea ( ¡Oh señora mía, esperanza de mi gloria, descanso y alivio de mi pena, alegría de mi corazón!), ao lado os candados no pozo versión Federico Moccia tamén falan de amor.

resized_PB080159

Pouco a pouco achegámonos á librería Hydra: alí nos agasallan con versos e música: Raúl Vacas e Fernando Maés, sons en palabras e en notas musicais, faise o silencio e abren camiño as emocións, os ollos e os oídos abertos ao deleite, unha sorpresa para tod@s; ao finalizar podemos falar con eles, preguntar, comunicarnos cos libros e coa música.

resized_PB080191

E de novo á cea no comedor universitario e o paseo para os que non queren durmir; regresamos ao astronauta da catedral entre sombras e luces, á praza Anaya, e atracamos as rúas collidos dos brazos, cantando e saltando regresamos para… falar e falar …

O sábado amañece con sol, temos cita no Museo de Arte Contemporáneo e no parque dos Jesuítas… veremos a Raúl, profe? e o poeta nos espera no museo para mostrarnos o máis alá da arte en imaxes: fotografia, performances, vídeos foron o que máis nos encandilou.

E xa pola tardiña O Cid nos espera en Zamora( “De un cabo la cerca El Rey/ del otro el Cid la cercaba…”), nas almeas, nos castelos; na estatua de Viriato ( “Memoria soy del más famoso pecho…”)…  escoitamos as palabras escritas hai séculos nas voces dos máis novos que as fan revivir, volver soar entre as pedras onde foron vividas e creadas.

resized_PB090288

Hai que regresar a Galicia, as voces seguen a ser sonoras, xoves, alegres, non hai descanso… debemos exprimir o tempo que nos queda de estarmos xuntos… e a despedida en Porriño, en Poio, en Sanxenxo… vémonos:

resized_PB090294

no ENCONTRO POÉTICO para seguirmos ENREDANDO VERSOS…

domingo, 17 de noviembre de 2013

NOVEMBRO de OLVIDO GARCÍA VALDÉS

Da man da poeta asturiana Olvido García Valdés despedimos o outono:


Otoño. La huella en lo sombrío
del bosque. Cuando todo llega
quieto al corazón, cuando todo
resuena hueco, como huella
entre luz, entre troncos.
El espacio del bosque
es corazón. Qué buscas
ahí. No es de noche todavía
pero está quieto. Arena
bajo los pies.
                                    (de Exposición, 1990)



Tempo frío e chuvioso, de días pequenos, noites longas e corazóns balorentos:

Cuando voy a trabajar es de noche,
después amanece poco a poco,
hace mucho frío aún.
A menudo en el cine
me parece oír lluvia azotando el tejado,
como si no hubiese lugar
donde guarecerse.
Hoy alguien en un sueño dijo:
ten, en esta garrafa
hay agua limpia, por si toma moho
la del corazón.
                                  (de Ella, los pájaros, 1994)

Mes dos defuntos: canto fagas, canto digas, iso es:

Sólo lo que hagas y digas       
eres, incierto lo que piensas, invisible       
lo que sientes dentro de ti.       
¿Qué significa       
dentro de ti? Nada eres si, como dicen,       
no es intersubjetivamente comprobado       
(al menos comprobable). Juan de la Cruz no es       
más que unos poemas, Emily       
Dickinson, Edgar Allan Poe, sólo palabras.       
¿Qué significa       
intersubjetivamente? ¿Cuántos sujetos       
hacen falta? ¿Cuántos que digan       
a la vez: Juan de la Cruz, Emily       
Dickinson, Edgar Allan Poe son cimas       
de la vida humana, cimas       
de la miseria humana en este hermoso       
mundo?   
                                   (de Caza nocturna, 1997)

E rematamos coa concepción da poesía da nosa autora deste mes:

escribir el miedo es escribir
despacio, con letra
pequeña y líneas separadas,
describir lo próximo, los humores,
la próxima inocencia
de lo vivo, las familiares
dependencias carnosas, la piel
sonrosada, sanguínea, las venas,
venillas, capilares
                                   (de Caza nocturna, 1997)

jueves, 14 de noviembre de 2013

“Del corazón a los asuntos”: Vacas y Maés. Salamanca (IV)

Otra forma de conocer la ciudad; otra manera de disfrutarla. Y todo de la mano de una librería, un poeta y un músico.

Hydria, Raúl Vacas e Fernando Maés mostráronnos unha cidade cálida e viva, que segue conservando o seu espírito universitario.  + Info:  Salamanca RTV

 

del-corazón-a-los-asuntos IMG_8475
IMG_8483 IMG_8484
IMG_8485 resized_PB080197
   

"Entre ojos y hojas" con Raúl Vacas: Salamanca (III)

Adentrámonos na fraga salmantina para cultivar a terra, co compromiso de coidar as árbores e a poesía que nos levou polas ramas guiados por Raúl Vacas.
Abonamos a páxina en branco coa imaxinación e sementamos sobre o papel as mellores palabras traídas no autobús dende Pontevedra.



Na Biblioteca Torrente Ballester: Salamanca (II)

Porque as bibliotecas son sobre todo centros de liberdade. Liberdade para ler, liberdade de ideas, liberdade de comunicación. (...)

Temos a obriga de usar as bibliotecas, de animar aos outros a que usen as bibliotecas, de protestar polo peche de bibliotecas. Se non valoramos as bibliotecas, non valoramos a información, nin a cultura, nin a sabedoría. Silenciamos as voces do pasado e perxudicamos o futuroNeil Gaiman 




Enredando por Salamanca (I)

   
IMG_7936 IMG_7952
   IES DE POIO (PONTEVEDRA)    IES RIBEIRA DO LOURO (PORRIÑO)
IMG_7930 IMG_7942
   IES SAN PAIO (TUI)    IES SANXENXO (PONTEVEDRA)
                                                                     Oh, Salamanca, entre tus piedras de oro
                                                                     aprendieron a amar los estudiantes
                                                                     mientras los campos que te ciñen daban
                                                                      jugosos frutos. Mi Salamanca. MIGUEL DE UNAMUNO

IMG_8453 - copia

domingo, 3 de noviembre de 2013

Salamanca: xardíns e ríos literarios

¿Quen non oiu falar dos amoríos entre o mozo Calixto e a dama Melibea? O xardín, chamado de Calixto e Melibea foi o escenario según contan as lendas urbanas, onde se inspirou Fernando de Rojas para escribir esta obra. Un xardín con aires románticos e medievais que nos cautivará pola variedade e cantidade de especies vexetais que alberga. 
¿Cantas coñeces? ¿Sabes os seus nomes?

Aquí queda unha galería de imaxes. Pincha sobre ela para vela completa.


...E como toda viaxe convén preparala de antemán, aquí vos quedan estas guías elaboradas pola Fundación  Salamanca Ciudad de Saberes.







Salamanca verso a verso.



O alumnado de 2º ESO dos centros que levamos traballando coa poesía dende o curso pasado participará nunha viaxe organizada á capital salmantina. Son rapaces e rapazas do IES Poio, do IES Ribeira do Louro, do IES San Paio e do IES Sanxenxo.  Alí terán un encontro co poeta charro RAÚL VACAS, quen impartirá un obradoiro de creación literaria e ofrecerá un recital acompañado coa música do cantautor Fernando Maés. 

Coñeceremos Salamanca verso a verso, leremos textos pola cidade, buscaremos a rá,  o astronauta, o touro de Lázaro, pasearemos pola ponte romana e salpicarémonos das augas do Tormes...