miércoles, 12 de febrero de 2014

I Edición e-Poesía en Twitter


          A cidade con ollos de poeta é o tema sobre o que xira o  #tuitspoema e o #poemavisual que conforman esta I Edición e-Poesía EnREDandoversos. Twitter será a canle para facer chegar esta poesía nova e refrescante a todos nós. Porque a poesía está en todas partes, tamén nas redes sociais e grazas a elas e ao seu efecto multiplicador permitirá ampliar a súa difusión máis alá das nosas fronteiras. 

        Esta convocatoria non ten o carácter dun concurso ou certame poético ao uso. Para comezar non hai premio, si se entende por tal unha contía económica ou un agasallo material. O premio será o recoñecemento de saberse elexido/a ou seleccionado/a por unha comisión de poetas profesionais e a posibilidade de ver publicado o #tuitpoema ou o #poemavisual presentado, así como a invitación para poder asistir ao II Encontro poético de EnREDandoversos na data e lugar que se fará chegar.

         Por outra banda, esta I Edición e-Poesía está aberta a calquera participante que así o queira: aos traballadores de versos, aos ensinantes, aos expertos con nome, aos anónimos e pseudónimos, aos poetas intuitivos, aos aprendices de poetas; aos bolseiros, erasmus, estudantes de estrofas, métrica ou verso libre... En definitiva, a todos e todas os/as que amen as palabras e o seu poder seductor, a imaxe e a palabra convertida en arte. 

Consultar bases aquí .


domingo, 9 de febrero de 2014

I Edición e-Poesía EnREDando Versos: A cidade con ollos de poeta

Descargar Bases do concurso

En febreiro con Celso Fernández Sanmartín

Naceu en Lalín en 1969. Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela.Ademais de contador de historias é escritor e autor de libros de poesía como Divagacións iú (edición de autor, 1991), O tigre das cenorias (edición de autor, 1994), Sen Título (edición de autor, 1995), Propiamente son captivo (Letras de Cal, 1997), Fucsia,talladas, estampados, boca (Alvarellos, 2001) e da obra colectiva Letras novas (2008, AELG). Tamén cultiva outros xéneros como o recentemente publicado Gratase Boas Novas (Alvarellos, 2011), un libro de imaxes, de cartas e postais.



Un caracol pequeno que vai subindo por unha parede

pintada de branco descansa metido dentro da cuncha

e deixa a alma dunha nube seca

ti mándasme unha caixa con rinocerontes dos peores

co seu corno de diante agranatado

preto do fociño

polo que se airean e o de detrás dese máis pequeño e

verde preto do medio e medio dos dous ollos das dúas

orellas no medio e medio da cara

un paxaro ou dous no lombo espinícano todo e déixaos

estar o rinoceronte porque se sente ben

ben de que lle

coman o picor continuo

o rinoceronte inmenso non ten nada que ver cos coches ata

que o cacen baixándose dun coche para recoñecer que era

unha boa peza de rinoceronte

báixanse do coche para ver se o levan consigo ou non o

levan consigo

ou collen o trofeo

auga na selva

gavelas de toxos da selva

rinoceronte

o da selva

se non te lembraches de deixar regulado o termostato da

auga quente a calefacción hache chegar á cabeza coma unha

preocupación e no encoro os parrulos gárdanse de nós entre

as xuncas

no seu corpo atopamos papeis que o acreditan coma un

cazador en regra segundo as leis do país 
 

Propiamente son captivo, Pontevedra: Letras de Cal, 1997 

 
neste sitio

hai sombras a maus cheas

amores a maus cheas

cada folla da nogueira é

unha sombra e un amor

polas noces

pola mirar

polo aire que couta

e a herba que lle medra ó pé

porque o señor armindo

deitábase nela

despois de xantar

ó amor das sombras

ó chegalo vrau 


Poemas do aviador (Inédito)





tocoulle no último boleto

un animal e tívolle medo

voou ceo para arriba primeiro

fuxindo da terra

e ceo para abaixo

voltou despois

quedáralle no chau unha chave

de reparación

unha vara verde con follas

e unha mada de tornillos

o animal estaba

aniñado neles

ó pé dunha vara verde con limós

aterecido

asustado

érguete e mira

meu ben, meu ceo

o meu avión

verme voar 


Poemas do aviador (Inédito)





Facía unha calor de moita chispa para ser de noite
por iso abriron a ventá da cociña
destaparon unha lata de mexilós e coméronos todos sen pan
picándoos cun pauciño
nisto que se foi a luz e na mesma salsa de escabeche dos mexilós
reflexouse a lúa


(Sen título) (1995)



lunes, 3 de febrero de 2014

Febreiro: Rubén Martín Díaz


Imaxe: Rubén Martín en Lugo: Praia das Catedrais. Imaxe do seu blog con motivo da 
súa viaxe por Galicia. 
Vídeos: Escoitao recitar os seus propios poemas na galería de Enredando versos.
Blog do autor: La pluma de barro 
A frase: El recital que ofreció Ángel González en Albacete me caló tanto, que empecé a leer poesía y a comprar libros. Ruben Martín en La verdad.es

Poemas

Una noche en Roxy---------------------------------------------------------------------------------------
El lugar era
perfecto, un altillo desde el cual
podía verlos
a todos.
Bailaban ebrios
de amor y de amistad
sin sentirse observados

Se besaban, se daban
abrazos como soles, es decir,
se envolvían en luz
con gestos y caricias.
Tenían
lumbre en sus ojos,
la mirada colmada de secretos
dispuestos para ser
contados
entre risas o lágrimas
de júbilo.
Ardían los neones en el aire,
y hablaban del amor
o, quizás, de lo hermoso que resulta
ser joven
y ser
inmune al tiempo
que moldea las cosas;
en cualquier caso,
hablaban de lo bello de vivir.
A menudo los pienso
entregados al néctar de la música,
al ímpetu del cuerpo,
a la palabra.
Y no puedo olvidar
–no quiero–
esa extraña manera de nacer
en unos ojos
que os vieron
como nadie jamás
os vio.

La playa--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Una vez fue vencida la mañana,
dos cuerpos amanecen bajo un fondo de tarde.
Corren desnudos,
el uno tras del otro,
trazando torpes círculos en la orilla del mar.

A veces se detienen en la luz,
reposan un instante en sus miradas,
se abren al mundo,
dulcifican la vida –ese estanque de paz–
alojando en sus labios el silencio de un beso.


Se suceden los días torpes, lentos,----------------------------------------------------------------------------
con poca luz
o sin ninguna,
y has pensado que el mundo
se ha convertido en un lugar extraño,
en un silencio meditado y frío,
como de brasas lánguidas
o de tiniebla.

Se derrama la noche por tus ojos,
sucia de sombras te recorre el cuerpo,
y temes encontrar dolor
en tu pupila
cargada de nostalgia.

Anhelas un poema,
una pieza de Bach o aquel Madrid
de noviembre disuelto en luz.

Eres tan pobre, tanto,
que la vida se escapa por tu boca
cuando suspiras
y el miedo
se te abraza en la lengua
cuando la nombras.

Dicen de ti que tienes
el don de la palabra,
la música del viento en tus poemas.

Hazte un favor, levanta,
aprende a caminar
de nuevo,
contempla el vuelo de la luz
y escribe
aunque sea el silencio de tus pasos.



Si algo te asombra, entra. No declines------------------------------------------------------------------------
estar
en eso que deseas.

No lo mires. Contempla. Date a ello.

Ten por seguro
que habrá estado esperándote
antes de que llegaras.

Si el bosque te respira,
abre el pulmón. Sé árbol.

Si la piedra entorpece tu camino,
entonces cógela,
hazte piedra en tu mano
y prolonga tu cuerpo en la distancia
cuando la arrojes.

Si es la isla que te observa desde lejos,
piénsate en ella;
incluso el agua cambia
todos sus átomos
llegada al barro que limita
la orilla.

Si es la llama
que vertebra la bóveda del aire,
crece en el fuego. Cumple sus designios.

Si el animal se asusta,
entra en su miedo. Dale paz. No vayas
tras él.

Y si es la luz
que unta de otoños este mirador
desde el que observas,
déjala cruzar
tu cuerpo
y que en él se ilumine con justicia.------------------------------------------------------------------------------


Os dous últimos poemas pertencen a El mirador de piedra publicado por Visor no 2012. Con esta obra foille otorgado o Premio Hermanos Argensola.

Rubén Martín Díaz (1980) é de Albacete. De profesión técnico especializado en autómatas programables. O seu soño, como a maioría dos escritores que se dedican á literatura, é  poder dedicarse por enteiro á poesía: Leo e escribo poesía, o que me vén, e tampouco me preocupa moito pensar niso; sempre pretendo que sexa unha poesía mirada pero tamén que faga reflexionar e deixe un pouso no lector.

No 2009, recibiu o Premio Adonáis, un dos máis prestixiosos que se conceden a nivel nacional que recoñece o traballo dos poetas menores de trita e cinco anos. No 2010 obtén  o Premio Ojo Crítico de RNE.

Comentarios: 
El minuto interior  trata de forma íntima sobre la naturaleza, la luz, lo cotidiano....
El Mirador de Piedra es un himno vital a la alegría, una invitación a olvidarse felizmente de uno mismo. Una invitación a contemplar y ser contemplado, a asombrarse, a ser uno con lo viviente, y a disfrutar la vida que se derrama, como fina lluvia, en cada página. La locura de vivir arde dentro de estos versos dejando en el pecho del lector la calidez de un sol de mediodía. Lucía Plaza

 Rubén Martín en Cosmopoética 2013