PRESENTACIÓN


     
     EnREDando versos é o título do proxecto que nace co obxectivo de achegar á poesía ás aulas. Os intereses comúns no campo da competencia lingüística así como nunha metodoloxía baseada no traballo colaborativo e no uso das TIC entre o alumnado fai que se constitúa un grupo de traballo intercentros co fin de aunar esforzos e intercambiar experiencias educativas que repercutan na práctica docente.
      
    O proxecto está integrado por profesorado de dististos niveis educativos do ámbito de linguas, responsables de bibliotecas escolares, clubs de lectura, un asesor TIC e de novas tecnoloxías, procedentes de cinco centros da provincia de Pontevedra: IES de Poio, IES Ribeira de Louro, IES San paio,  IES de Sanxenxo e CEIP A Lama. 

    O blog ábrese co texto "Cinco motivos para ler poesía" de Fran Alonso, motivos que compartimos e que queremos facer chegar aos que nos queirades acompañar neste camiño de palabras e rimas, enREDando os versos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario