lunes, 15 de abril de 2013

En abril con Andrea Nunes Brións

Neste mes de abril presentamos a unha poetisa moi nova e que aparece no panorama literario recentemente, no ano 2007. Andrea Nunes Brións ten poucas obras publicadas pero iso non lle resta forza á súa poesía impresa e dixital
A ecoloxía, o feminismo, a crítica contra o capitalismo son algúns dos temas que trata nos seus poemas. No ano 2011 publica o seu poemario Todas as mulleres que fun no que introduce a temática erótica.

Poemas visuais:      Todas as mulleres que fun    e    Agora ti




De que cor é a vida?
É vermella porque é unha cor que simboliza a vida e a morte. O vermello do sangue, do amor. As meixelas vermellas dunha nena cando ruboriza ou cando ten zapatos novos. Tamén é a cor da fin da vida. A morte é vermella. Algo vermello sempre che chama a atención.
Fragmento dunha entrevista realizada á poetisa en Galicia Hoxe:
De Todas as mulleres que fun:

Pensar que estiven perdida tanto tempo,
espallándome vertixinosa polas rúas todas
con salas de espera interminables,
tatuándome nos xeonllos os bares por onde ti estabas,
afiliada a todo aquilo que rexía o teu dogma.
Leonciña, ti que tantas bandeiras reciclaches
que tanta esperanza puñas no país,
todos os días primavera.

sábado, 13 de abril de 2013

Enredando cos versos en 3º de ESO: Constelación literaria.

Este trimeste que vén de rematar os nosos alumnos e alumnas tiñan como tarefa poética a elaboración dunha pequena constelación literaria: Poemas frente a adversidade.

Partindo da clasificación en etiquetas deseñada por Guadalupe Jover  deberían consultar unha serie de páxinas ( xenéricas e de poetas) na Rede, ler os poemas que nestas atoparon e clasificalos por etiquetas creando deste modo a súa propia constelación de poemas.

Entre os variados resultados da tarefa destacamos o traballo realizado por unha alumna de 3º de ESO B do IES de Poio, Sofía Domínguez Baltar; polo esforzo que supuxo a realización da tarefa e pola calidade óptima do seu traballo; queremos agora compartilo con todos os seguidores de Enredando Versos:



Parabéns Sofía.

jueves, 11 de abril de 2013

Augusto de Campos



 São Paulo, 1931

Impulsor do movemento internacional da poesía concreta en Brasil. 
A serie de poemas co título de POETAMENOS están considerados os primeiros exemplos da poesía concreta no seu país. 

A maioría dos seus poemas encóntranse reunidos en VIVA BOO (1979), DESPOESIA (1994) e NON (cun CDR con poemas- clip) (2003). 

Outras obras importantes son POEMÓBILES (1974) e BOX NEGRO (1975), coleccións de poemas-obxectos.

Dende 1980 experimentou con novos medios de comunicación e  presenta os poemas en  videotexto, neon, láser e hologramas, animación por ordenador, incluíndo son e música, como a lectura de CIDADECITYCITÉ (con Cid Campos) 1987/1991. 

O vídeoclip do poema PULSAR, con música de Caetano Veloso, foi producido por el .
O POEMA DA BOMBA e SOS, con música do seu fillo, Cid Campos, foron animados nun posto de PC Silicon Graphics na Universidade de São Paulo. 
As súas animacións dixitais - os CLIPPOEMAS - foron exhibidos en 1997 nun centro que formou parte da exposición Soporte Computer Art, Casa das Rosas, en São Paulo. 

Algúns dos seus poemas poden ser vistos e escoitados na súa páxina oficial e tamén en www.ubu.com












miércoles, 10 de abril de 2013

Birds on the wires de Jarbas Agnelli



 

Lendo un xornal, eu vía un cadro de paxaros nos cables eléctricos. Suprimo a foto e decido facer unha canción, utilizando o lugar exacto dos paxaros como notas. Eu sabía que non era a idea máis orixinal no universo, pero tiña curiosidade de oír que melodía estaban a crear os paxaros. Jarbas Agnelli

Fonte: Laura Borrás

martes, 9 de abril de 2013

The Child: vídeo-poema de Alex Gopher




O vídeo narra a carreira dunha embarazada e a súa parella en taxi, buscando o hospital máis próximo e salvando todo tipo de obstáculos pola cidade de N. Y. Nela, todos os elementos son palabras: persoas, coches, edificios... Unha auténtica obra de arte da tipografia.


Alex Gopher versionea o orixinal de Billy Holliday "God Bless the Child" bañándoo de electrónica para concibir este interesante tema, que como anécdota, aparece brevemente na película "Amelie" durante unha escena no sex-shop.

martes, 2 de abril de 2013

En abril, Andrés NEUMAN.



Tocado por la gracia. Ningún buen lector dejará de percibir en sus páginas algo que sólo es dable encontrar en la alta literatura, aquella que escriben los poetas verdaderos.La literatura del siglo XXI pertenecerá a Neuman y a unos pocos de sus hermanos de sangre. Roberto Bolaño


Web oficial e biografía: andresneuman


Como poeta  publicou:
  • Métodos de la noche (Hiperión, 1998), 
  • El jugador de billar (Pre-Textos, 2000), 
  • El tobogán (Hiperión, 2002, Premio Hiperión), 
  • La canción del antílope (Pre-Textos, 2003) 
  • Mística abajo (Acantilado, 2008),
  • Gotas negras,  colección de haikus urbanos(Plurabelle, 2003, reeditado por Berenice, 2007)
  • Sonetos del extraño (Cuadernos del Vigía, 2007). 
  • Década (Poesía 1997-2007) (Acantilado, 2008).
  • Alguien al otro lado, un libro-disco  (La Veleta, 2011) ofrece unha breve antoloxía dos seus poemas, musicados e cantados por Juan Trova. 
  •  Patio de locos ( 2011)
  •  No sé por qué (Ediciones del Dock, 2011)
  • Textofilia,  (2012)

Algúns petiscos da súa obra


Claudia en la Biblioteca

Rebuscas en los libros
con un extraño afán de jardinera.
Delicada y ansiosa, de perfil me pareces
distinta cuando curvas las rodillas
y se tensan tus muslos
debajo del vaquero. Muerte lenta
contemplar, sin tocado,
el pequeño tatuaje en tu cintura.
Será mejor sufrir que describir los pechos:
¿quién se atreve a cruzar los toboganes
que unen la palabra con su tema?
Así que huyo
y finjo distracción.
Si volvieras la vista a quien te escribe
desaparecerías, y es demasiado pronto.
Sigue leyendo, Claudia.
Haces bien en amarte.  De El tobogán
                                                      

Casa fugaz

Somos iguales, tienes
la exacta fortaleza
que me hace en parte débil.
Sigue siendo difícil
en la casa terrena desnudarse.
¿Trascender? Eso intentan los solemnes,
como si dominasen el misterio
de habitar hasta el fondo este lugar
sin cederle terreno a las alturas.
Si te toco, artesana,
¿querrás estar aquí enteramente?
Durando en lo fugaz,
así transcurriría nuestra entrega.
Desconociendo cómo,
así nos buscaríamos.
Iguales en la duda. Enamorados
de la fragilidad de estas paredes. De Mística abajo   


Eclipse

Esta mañana un pordiosero
me detuvo en la calle. 
Tomó mi blanca mano firmemente
para dejar caer unas monedas renegridas. 
hacía sol y continué mi paso.
Desde cierta distancia me volví. 
Él se quedó mirándome
y así permanecimos
hasta que lo engulló la muchedumbre. 
De pronto un nubarrón manchó la acera de mercurio.  De Década 



Bank Airlines

No sé por qué los bancos tienen 
cierto gesto de aeródromo
a punto de vaciarse
señores pasajeros contribuyan
la vida no se puede ahorrar
atención atención es la última llamada
a dormir todos este país despega
el personal a bordo vende paracaídas. Publicado en  Microrréplicas

  Non smoking poetry  
  
No sé por qué fumar me encanta
el humo huele mal quema la lengua
las urnas funerarias son grandes ceniceros
mi madre tuvo cáncer me desprecio cada día
por amar sus errores por no salvarla en mí
¿me estaré desprendiendo dispersando
hacia el lugar de nadie donde sólo
quedan seres precarios terrenales
que la quieren la cuidan fumando arrepentidos?. Publicado en Microrréplicas