sábado, 13 de abril de 2013

Enredando cos versos en 3º de ESO: Constelación literaria.

Este trimeste que vén de rematar os nosos alumnos e alumnas tiñan como tarefa poética a elaboración dunha pequena constelación literaria: Poemas frente a adversidade.

Partindo da clasificación en etiquetas deseñada por Guadalupe Jover  deberían consultar unha serie de páxinas ( xenéricas e de poetas) na Rede, ler os poemas que nestas atoparon e clasificalos por etiquetas creando deste modo a súa propia constelación de poemas.

Entre os variados resultados da tarefa destacamos o traballo realizado por unha alumna de 3º de ESO B do IES de Poio, Sofía Domínguez Baltar; polo esforzo que supuxo a realización da tarefa e pola calidade óptima do seu traballo; queremos agora compartilo con todos os seguidores de Enredando Versos:



Parabéns Sofía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario