Poder escoitar os versos recitados na voz e na lingua de quen os escribe é, ademáis dun feito gratificante, un privilexio. Se a iso, lle engadimos o espazo no que teñen lugar, a librería Porta XIII de Vilanova de Cerveira, a música do piano de dous rapaces entregados, que foron quen de improvisar por petición expresa dos poetas, atopámonos coa combinación perfecta para que a tarde do sábado en Portugal fose perfecta. Cruzar a fronteira sempre é un bo motivo, e aquel sábado era ademais doce de outubro.
jueves, 24 de octubre de 2013
Poetas do mundo en Córdoba II
Iniciamos esta recompilación de grandes nomes da poesía contemporánea máis alá das nosas fronteiras, con aqueles poetas recollidos na Antoloxía X edición: Poetas do mundo en Córdoba (2004-2013), que participaron nas distintas edicións do Festival Internacional Cosmopoética, sen lugar a dúbidas, unha das máis importantes citas culturais que teñen lugar dentro e fóra do noso país.
Nesta longa nómina, de máis dun centenar de poetas, encóntranse varios Premios Nobel e Cervantes, procedentes de 52 nacionalidades distintas e que se expresan en 23 linguas diferentes. As súas voces oíronse naquelas cálidas terras da capital cordobesa: nas súas prazas e patios, na sala Orive e nas adegas da cidade compartindo finos, palabras e o aroma da flor de azar.
Galería completa en Pinterest
domingo, 13 de octubre de 2013
Cosmopoética: Poetas do mundo en Córdoba I
Dende o sur recollemos as voces e as palabras de mulleres poetas como Ana Pérez Bustamante, vinculada a Galicia polos seus estudios sobre Cunquiero. O seu único libro Mercuriales foi publicado na colección Esquío en Ferrol no 2003 resultado de gañar o accésit do Premio Esquío de poesía no ano anterior.
A poeta reflexa nos seus poemas a súa condición de muller que que vive o conflito de rebelarse contra os roles do seu xénero desenvolvéndoos cun gran sentido irónico.
Cabellera de Berenice
Pude yo haber escrito
cualquier noche: “Mujer desesperada,
aburridísima,
ruega a extraterrestre piadoso
se sirva abducirla verdaderamente lejos”
Luego me lo pensé mejor. Yo no podría
vivir sin vertical azul celeste
en un vértigo negro de fugitivas luces,
sin días y sin noches, sin ventanas
al aire o con ventanas
virtuales, Windows-equis.
No soy más que un mamífero
que sin mesura sueña entre los límites
de su propio planeta. Lejos, pero no mucho
en términos siderales:
París en primavera, o una balsa
para bajar sin prisa el río Colorado.
Otoño canadiense, y en invierno
África, quizá. Ejemplos, sólo.
Ni muy lejos ni siempre.
Dependo de las cosas de mi ignota
guarida: mi café, mi tabaco, mis trayectos
rituales, esas gentes amables que dicen
“Buenos días”,
y el olor que mi madre se deja en los pañuelos. Ler +...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)