lunes, 25 de febrero de 2013

Por eso me chaman Rosa


Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nuha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.

Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.

(...)

O meu corazón che mando
cunha chave para o abrir,
nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.
                                               Cantares gallegos. 1863




Rosalía soubo como poucos reflectir nos seus versos os propios sentimentos como muller e  como galega, converténdose na máis grande poeta da lingua da que a nosa literatura é herdeira. A súa poesía transcende todas as fronteiras e tamén o tempo, ata chegar aos nosos días coa mesma vixencia e a mesma forza de sempre. 

Os centros educativos que forman parte deste proxecto enREDando cos versos uníronse ás homenaxes de Rosalía con motivo do 150 aniversario de Cantares gallegos. Estas son as nosas aportacións:






No hay comentarios:

Publicar un comentario