jueves, 14 de noviembre de 2013

Enredando por Salamanca (I)

   
IMG_7936 IMG_7952
   IES DE POIO (PONTEVEDRA)    IES RIBEIRA DO LOURO (PORRIÑO)
IMG_7930 IMG_7942
   IES SAN PAIO (TUI)    IES SANXENXO (PONTEVEDRA)
                                                                     Oh, Salamanca, entre tus piedras de oro
                                                                     aprendieron a amar los estudiantes
                                                                     mientras los campos que te ciñen daban
                                                                      jugosos frutos. Mi Salamanca. MIGUEL DE UNAMUNO

IMG_8453 - copia

domingo, 3 de noviembre de 2013

Salamanca: xardíns e ríos literarios

¿Quen non oiu falar dos amoríos entre o mozo Calixto e a dama Melibea? O xardín, chamado de Calixto e Melibea foi o escenario según contan as lendas urbanas, onde se inspirou Fernando de Rojas para escribir esta obra. Un xardín con aires románticos e medievais que nos cautivará pola variedade e cantidade de especies vexetais que alberga. 
¿Cantas coñeces? ¿Sabes os seus nomes?

Aquí queda unha galería de imaxes. Pincha sobre ela para vela completa.


...E como toda viaxe convén preparala de antemán, aquí vos quedan estas guías elaboradas pola Fundación  Salamanca Ciudad de Saberes.







Salamanca verso a verso.



O alumnado de 2º ESO dos centros que levamos traballando coa poesía dende o curso pasado participará nunha viaxe organizada á capital salmantina. Son rapaces e rapazas do IES Poio, do IES Ribeira do Louro, do IES San Paio e do IES Sanxenxo.  Alí terán un encontro co poeta charro RAÚL VACAS, quen impartirá un obradoiro de creación literaria e ofrecerá un recital acompañado coa música do cantautor Fernando Maés. 

Coñeceremos Salamanca verso a verso, leremos textos pola cidade, buscaremos a rá,  o astronauta, o touro de Lázaro, pasearemos pola ponte romana e salpicarémonos das augas do Tormes...

jueves, 31 de octubre de 2013

EN NOVEMBRO CON ELVIRA RIVEIRO TOBÍO

 CON ELVIRA RIVEIRO TOBÍO


Elvira Riveiro Tobío dinos, na autobiografía que publicou na web da AELG, da súa vocación poética temperá:
"A miña inclinación á arte poética vén de tan lonxe que non me imaxino sen ela"
Tamén nos comenta que a súa poesía está moi vinculada a Internet e o seu gosto pola poesía visual:
"Comecei dándome a coñecer en diferentes páxinas web e en publicacións periódicas e colectivas até que en 2005 decidín que xa era hora de dar ao prelo un libro enteiro da miña autoría. Saíu na coidada colección Tambo de poesía da Deputación Provincial e titulouse Andar ao leu. No mesmo ano saíu Arxilosa, na colección Hipocampo(...) 
En ningunha desas dúas obras se inclúen poemas visuais, unha vertente á que lle teño dedicado ultimamente bastante tempo e da que aparecen mostras nalgúns sitios web, como no visualobxectual, recuncho no que vou gardando fundamentalmente obra allea proveniente de diferentes lugares do mundo"
A súa obra na web aparece en diferentes páxinas:













                              porque eu era unha nena

                              e chorei tanto

                              coma o día que asfaltaron o camiño

                              e xa non se podían enterrar as catiuscas no xabre lamacento

                              e cubriron con piche a casa do grilo que cantaba sempre á tarde

                              para escarnio de toda a caste principesca dos ortópteros

                              e foi un ano que houbo

                              superávit de serradela e desconsolo





                                       21 de marzo

                                       atroz o cometido do espello
                                       a ollada escrutadora
                                       teimoso o zoom impertinente

                                       espelliño asasino máxico
                                       quen non mente?
                                       espelliño olláparo asegura
                                       que se me abren sucos de versos en ruínas pola cara
                                       sinais do seu silencio no fondo da garganta

                                       é o día mundial da poesía
                                       e eu cos poemas
                                       rebentándome as tripas


jueves, 24 de octubre de 2013

Crónica dun soño en versos: Cosmopoética

"Son as dúas da madrugada e Córdoba saúdanos solitaria e silenciosa co arrecendo a "galán de noche"; tras unha longa viaxe de norte a sur, os nosos anseios de versos vanse ver saciados e logo dun sono reparador, xa de mañanciña, chegamos ao pazo Orive; sentados no banco devoramos o programa de Cosmopoética... unhas fotografías, o señor do paraugas que nos observa con curiosidade... entramos no pazo ilusionándonos coa exposición de poesía visual... en breve a nosa primeira sesión vai comezar :

Asistimos á unha mesa redonda de narrativa arredor da obra de Medardo Fraile; para falar dos seus contos dous grandes do xénero: Ángel Zapata e Eloy Tizón , o primeiro, teórico do xénero no que el mesmo é un mestre do surrealismo, di que Medardo aparentemente non conta case nada, nel predomina o movemento da linguaxe e a experimentación; Eloy Tizón achega que o contista segue unha liña antirretórica, escribe en voz baixa, é sutil con matices.

Pola tardiña e de novo na sala Orive comezamos as sesións líricas da man de Blanca Andreu, Sofía Pérez Bustamante e Antonio Rodríguez Jiménez: As dúas poetisas confésanse cunqueirianas de seu, a forza do carácter e a voz de Blanca Andreu cautivounos recitando fermosos poemas de amor, infancia ou o paso do tempo: "alma mía no te detengas, canta tu tambien en mi boca". No seu poemario Los archivos griegos escribe:
" Las aguas de la Argólida y sus islas azules
sus templos blancos donde pacen caballos
vienen del mundo de los pensamientos

como nosotros"

Y nos transporta coa sua voz poética máis aló, ao Mediterráneo, ás terras de sol e casas encaladas.

Logo deste recital: corre, corre, corre á sesión de poesía tabernaria no patio andaluz donde nos esperan los poetas cordobeses: Antonio de Egipto, Rafaela Hames, Fernándo Sánchez Mayo e José Ignacio Montoto. Voces novas, cheas de vida vanse alternando na lectura dos seus poemas, xa é noite e unha airexa move as pólas do ficus ao ritmo das súas palabras.

De novo corre, corre, corre ao teatro Góngora onde levamos unha moi grata sorpresa: Versos e cancións nas harmoniosas e frescas voces do grupo asturiano,  Pauline en la playa. Os textos de Alicia Álvarez -La aguóloga- e as letras das súas pezas enchénnos de engados:

 "Va la aguóloga llorando sobre mojado y todo se le hace barro y ya casi ni lo cuenta. Serán sus sesiones de astronauta que la han hecho ingrávida y perder la cuenta..."


Iniciamos a nosa sesión do sábado con Ana Rossetti ( " A poesía está en contra do costume, pódese dicir máis coa poesía visual ca con 20 versos"), José Ignacio Montoto e María Mercromina ( " As redes sociais son unha fiestra ao mundo, unha oportunidade para publicar poesía" ).

Outro entorno moi cordobés é "La posada del potro" onde puidemos escoitar a Vicente Molina Foix, Raúl Alonso ( na súa poesía todo se constrúe con adxectivos e verbos e os finais son abertos), José García Obrero ( poeta intermitente en espazo e actividade; ten poesía visual) e Basilio Sánchez ( poesía melódica, sinxela pero profunda, poesía contemplativa).

Na tardiña regresamos á sala Orive da man de Basilio Álvarez ( "necesito la sombra de todo lo que ha sido"), Almudena Guzman  ("el príncipe rojo" y "zonas comunes" poemas sobre as inxustizas  e as regulacións de emprego) e Rubén Martín Díaz .

"No hay realidad más profunda que la vida" recítanos Raquel Lanseros  ( A las órdenes del viento ) na sala das adegas Guzmán, a media luz, cun forte arrecendo a viño, escoitamos as doces palabras da nosa poetisa en especial: "con la inmensa alegría del reencuentro y la inmediatez feliz de muchos otros"; as súas palabras chégannos moi adentro, acaríñannos docemente coa voz da muller ferida:

"Solamente si alguna vez amaste
con uñas y dientes
sin red
sin salvavidas
aciertes a entender el vértigo insondable
que se extiende a los pies del desengaño"

 Unha cea admirando a cidade desde a outra beira do Guadalquivir e unha despedida... "



Crónica dun soño en versos on PhotoPeach

Con barqueira e remador


A illa de San Simón foi neste mes de outubro, o escenario da convivencia entre poetas de tres continentes, África, Europa e América, que se xuntaron coa finalidade de traducir os seus versos á lingua galega. Isaac Rubín foi o que levou o peso de verter os poemas á nosa lingua, enriquecendo o noso corpus literario. A poesía é universal e a palabra é o vínculo de unión que une as culturas.
Este ano achegáronse á illa os poetas da man de Yolanda Castaño, e igual que o ano anterior, cumpren o doble perfil de seren representativos no seu país de procedencia, ao mesmo tempo que son tradutores, escritores de prensa ou dinamizadores culturais. Aquí queda esta nómina de autores novos, aos que poidemos escoitar na súa propia lingua de orixe.

  • Ana T. Szabó (Hungría),
  • Kätlin Kaldmaa (Estonia),
  • Xuan Bello (Asturias),
  • Samira Negrouche (Alxeria),
  • Lawrence Schimel (EEUU) 
  • Isaac Xubín (Galicia).






Na primeira edición do 2012 os participantes foron: Brane Mozetič (esloveno), Margrét Lóa Jónsdóttir (islandés), Txema Martínez (catalán), Marko Pogačar (croata), Sergej Timofejev (ruso), Merja Virolainen (finés) e Yolanda Castaño (galego).