martes, 10 de diciembre de 2013

Versos pintados no pupitre


Este fin de semana, Enredando versos trasládase a Compostela para asistir ás III Xornadas de Literatura e Ensino organizadas pola AELG e a AS-PG. Anxos Rial, profesora de Lingua Galega e coordinadora da Biblioteca escolar do IES de Poio, dará voz a este proxecto colaborativo que comezou a súa andaina o curso pasado e que pretende achegar ao alumnado á poesía contémporánea, e en especial á dos poetas máis novos. Será o sábado 14 e compartirá mesa con Montse Penas e Romina Bal, o que permitirá intercambiar distintos puntos de vista sobre este potencial creativo e expresivo da expresión poética.

O programa complétase con obradoiros, conferencias e mesas redondas que contan coa presenza de poetas consagrados como García Teijeiro,  Álvarez Cáccamo, Fran Alonso, Elvira Riveiro, Antía Otero, Dores Tembrás, Carlos Negro...

A música de Uxía, Najla Shami e Aid, unidas polo fío conductor dos versos rosalianos, poñerán o remate a dous días intensos, pero de seguro gratificantes.


Máis información na Axenda cultural da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

No hay comentarios:

Publicar un comentario