domingo, 18 de mayo de 2014

A resposta, meu amigo, está soprando no vento.




Pero,  que é a poesía??
Para que, tanta poesía??

A resposta, meu amigo,
está soprando no vento. Bob Dylan
               






Deseo con la fuerza y la profundidad del mar que la poesía nos ayude a sentir, a pensar, a conocernos por dentro y a explorar
y compartir nuestras palabras y sueños más preciados. Sólo así conseguiremos hacer personas libres y entrenadas en esta travesía maravillosa que es la vida. Sólo así conseguiremos hacer personas libres. “Yo leo, tú amas, él escribe…” Ojalá que nunca dejemos de conjugar estos y otros muchos verbos. Raúl  Vacas














A poesía é unha barricada de palabras rebeldes, un aturuxo de liberdade.  A poesía é diurética, dixestiva e antiestresante; é flexible coma o chicle e o seu ADN é profundamente subversivo. Un poema no aire é unha bomba de palabras. Fran Alonso
                                        
 





 

Que no crezca jamás en mis entrañas esa calma aparente llamada escepticismo.
Huya yo del resabio,del cinismo,
de la imparcialidad de hombros encogidos. Raquel Lanseros
 


 





Somos da liña onde espertan os soños; linde literario no último verso da estrofa.
 -Habitamos as lapelas dos libros que nos tolean.
 -Só imaxinando se orixina aquilo que nunca existiu. Rosalía Fernández Rial.

         




                Elvira Riveiro Tobío                                                 
 







Así é que desexas saber como se fan os poemas? Curioso pequeno que cada vez te fas máis grande. Os poemas son fráxiles e difíciles de coller coma os chopos listos e un ten que sentar á beira do peirao e pasar varias noites observando os movementos das mareas e as costumes dos bancos. E un día, ben disposto, agarrar a cana fortemente entre as mans, pero deixando a seda ceibe bailar as correntes e afanarse en seguilos a onde queiran eles ir e traelos a onde ti queres que vaian. E despois ás veces pican e tiran forte do cebo e arrástranche debaixo das augas. E alí xa cada quen ten a súa sorte. Hai máis infinitas mil e mil leguas submarinas. E alí o reflexo do mundo sobre as augas é tan verdadeiro coma o mundo. Pero outros non. Outros son coma as robalizas que se buscan nos cantís e rompen coma o mar con tanta furia. María Lado                                                                                              





Deste xeito naceu a poesía, construíndo non a realidade, senón a partir da realidade, xogando, concedéndolle á palabra o marabilloso trono do contrapunto de alivio.
A definición da palabra “xogo” é máis que válida para definir a poesía, se é que nos queremos atrever a definila dalgún xeito:
o xogo é unha ocupación voluntaria, exercida dentro de certos e determinados lindes de tempo e espazo, segundo regras libremente consentidas pero absolutamente obrigatorias, dotado dun fin en si mesmo, acompañado dun sentimento de tensión e alegría, e dunha conciencia de ser doutro xeito ó da vida corrente” Johan Huizinga  Lucía Aldao      
                                                                    

No hay comentarios:

Publicar un comentario