viernes, 16 de mayo de 2014

E se eu estivera alí como poeta?

Cos ollos d@s poetas: 


Sobre aquel enorme escenario, mirando ás butacas vermellas do auditorio, vimos como chegaban todos aqueles mozos cun marcapáxinas branco colgando da súa roupa, dispostos a escoitar poemas. Como saber se lles gustaría o que lle tiñamos preparado? Que pasaría se nos equivocabamos? E que fariamos en caso de que non puxesen atención? Debe ser verdade iso de que estar nerviosa fai poñerte no peor, porque nese momento antes de empezar co obradoiro, recoñezo que ambas as dúas o estabamos, a pesar de non ser a primeira vez.
Sin embargo, en canto se escoitou o primeiro acorde da guitarra, todo aquilo desapareceu, deixando paso aos versos dun poema que foron entrelazándose coa música e ás miradas dos mozos e mozas que nos observaban con atención.

E mentres a miña compañeira recita por enriba do suave punteo das cordas do meu instrumento, é cando me decato do moito que me gusta o que fago e síntome orgullosa diso, vendo como os espectadores gozan co noso traballo. 

Ana Rodríguez

Foi un día diferente, diferente en sentido positivo, no que os alumnos e alumnas viviron a poesía de xeito distinto, afastados das aulas frías e aburridas.

O obxectivo que eu tiña ao empezar este Encontro era o de achegar a poesía á rapazada e voume coa impresión de que lles calou un pouquiño e aínda que só sexa un pouquiño, con iso, eu confórmome.


Sorprendeume sobre todo,  o ben que recitaban os seus propios poemas algúns alumnos e alumnas e o ben que superon defendelos ante a multitude de miradas.

Voume moi contento deste Encontro porque penso que estes rapaces e rapazas se foron con ganas de enredar versos.
Alejandra Mosteiro


Cando cheguei a Tui había un montón de rapaces e rapazas esperando. Tocoume un grupo bastante alegre. Linlles algúns poemas, pero non todos teñen os mesmos gustos así que cambiei de actividade para que non se aburrisen.
Decidín falarlles de como empecei con isto da poesía, e a verdade non me esperaba preguntas, xa que normalmente a esta idade, adoitan ser moi calados e tímidos. Unha rapaza alzou a man e preguntoume no que adoitaba inspirarme á hora de escribir, e sen máis rodeos lle dei a miña resposta máis sincera. 
Despois fíxenos escribir nun papel o que facían cando a xente non os vía, e como supoñía saíron cousas bastante divertidas coas que rimos un bo rato. María Cacabelos.


Nada máis chegar  ao Teatro encontrámonos con moita xente á que intentar conquistar; coma se fose un reto que debiamos cumprir. Aquilo impoñía, para que negalo? Todas aquelas persoas pendentes da túa actuación, pero á vez, tamén era satisfactorio porque moitos daqueles mozos e mozas seguían o teu percorrido na escritura, ben na  clase, ou pola súa conta. Non era a primeira vez que o faciamos, nin, esperamos, sexa a última porque esa xuventude e todo o traballo por parte dos seus profesores, e profesoras nos transmitiu moitas emocións que nos gustaría repetir. 
Silvia Guerra.

Xa estaban todo o alumnado congregado, eran moitos e ía moita calor. Víanse sorrisos, e logo de distribuirse por grupos, cada un foise ao seu obradoiro. Algúns, viñeron comigo á aula que estaba pola parte de atrás que era como un auditorio máis pequeno. Alí o meu grupo de música empezou a cantar poemas de amor. Ao remate pedímolles aos rapaces e rapazas que construíran un poema eles mesmos entre todos. Así enredamos versos e música ao longo dunha hora que soupo a pouco. Luisa Silva

No hay comentarios:

Publicar un comentario